La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Paseo

Onte pola tarde, a iso das sete, antes de empezar este artigo, fun dar un paseo polo monte. Estaba un día espléndido, co ceo completamente limpo e unha temperatura agradable. Levei un libro por se me entraban ganas de ler, pero non o saquei do peto. Máis que nada porque en sitios como este, unha pequena aldea, non convén criar fama de tolo, cousa bastante fácil de conseguir se un se dedica a andar polos camiños con aires de sabio despistado. Aínda recordo a aquel paisano de Sabucedo que un día, despois de que o meu pai lle confirmase que eu me dedicaba a escribir, dixo unha frase redonda: “¡Mire polo que lle foi dar!”

Supoño que escribir, para quen non está nese mundo, debe ser un misterio. Pasoume cun home que fixo chapuzas na casa, un tal Rocanrol, que estaba tan intrigado que lle acabei amosando un dos … Seguir leyendo

A técnica do escorpión

Non recordo con precisión en que libro latino deses que tratan de animais lin a historia fascinante duns escorpións africanos que, segundo refería o autor, atacaban a xente por un procedemento complicado e difícil, pero moi eficaz. Como os habitantes do país sabían do perigo de morte que corrían, sobre todo polas noites, cando estaban durmindo e non se podían defender, colocaban as camas de tal maneira que o bicho non puidese subir ata elas e sorprendelos durante o soño. Aínda así, o escorpión cobraba moitas vidas.

A estratexia deste consistía en subir ata o teito e buscar algún sitio onde agarrarse coas mandíbulas. Despois, un compañeiro baixaba polo corpo do que estaba colgado e fixábase a el da mesma maneira, pero trabando coa boca na uña do outro. E a continuación un terceiro ou un cuarto, ata alcanzar o corpo da vítima.

O último, é dicir, o situado na … Seguir leyendo

Un monstro

Ata agora non me tiña fixado, aínda que a escena a vexo con certa frecuencia. Ocorre en Samil, cando paso co coche a determinadas horas do día, normalmente antes de comer. Dous  señores dunha idade próxima aos sesenta anos, un pouco arriba ou un pouco abaixo, chegan cun coche que leva na parte de atrás unha especie de cárcere feito de barrotes de ferro bastante gordos, do que sacan con moitas precaucións, mirando antes se hai alguén nas proximidades, un can enorme, que vai sempre con bozo e atado por unha correa potente, case anormal, agarrada polos dous homes. A operación fana tensos, case de xeito dramático.

O animal, unha vez que está fóra, dá uns paseos, sempre atado, pero eses momentos de lecer interrómpense cada pouco tempo. Abonda, por exemplo, que apareza calquera persoa a cen metros, en dirección ao lugar onde se atopa o can, para que os … Seguir leyendo

Sobre a crueldade

Antes de dedicarse á política, Jon Idígoras quixo ser “torero”. Mesmo tiña un deses nomes aflamencados que utilizan as xentes do ramo, como corresponde a alguén que, como el, participou en corridas de cartel como matador. Hai un par de anos, os periódicos recolleron a recensión dunha conferencia que deu en Bilbao sobre o mundo dos touros. Despois de facer unha defensa da festa, respondeu a algunhas preguntas, unha das cales lle deu pé para dicir que os ingleses non debían criticala porque era moito máis cruel a caza do raposo.

En realidade, o que sempre lles molestou aos ingleses, que como se sabe son grandes amantes dos cabalos, é o espectáculo repugnante de ver estes animais destripados na praza e ridiculizados polos espectadores mentres agonizaban. Esa foi a imaxe que lles transmitiu Ford, aquel famoso viaxeiro que visitou España no século pasado, e que moitos deles conservan como un … Seguir leyendo

Reunión de amigos

O domingo pola mañá, cando lle fun facer compañía durante un par de horas ao amigo Antón Risco, morto na víspera, non puiden evitar que a nostalxia se me subise ao sitio onde se sobe, que non sei se é o corazón ou a cabeza. Tanto ten. O caso é que, nun momento, alí nos xuntamos espontaneamente un grupo bastante nutrido de antigos contertulios da tertulia de don Vicente. Estaban Arturo Lezcano, os pintores Virxilio e Pepe Conde Corbal, o escultor Arturo Baltar e supoño que algún máis. Os mesmos daquela época, pero máis vellos.

Pasaron xa case corenta anos. Entón, se mal non recordo, Antón era funcionario dalgunha cousa oficial, quizais de emigración, o cal lle permitía estudar na oficina, pois andaba a voltas coa licenciatura en Letras. Contaba historias divertidísimas da súa experiencia, nas que se notaba a admiración polos paisanos e a ironía cos burócratas.

Onte, na … Seguir leyendo