La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Toda a paciencia do mundo

Nun libro que estou coordimando sobre Ramón Piñeiro, no que colaboran máis de corenta persoas, cóntanse moitas cousas do omenaxeado, todas destinadas a dar unha imaxe o máis fiel posible daquel ome excepcioinal, palabra esta última, por certo, que se repita con teimuda insistencia ao longo dos traballos recibidos.

De todas as historias, hai unha que me fai especial gracia, referida por Marina Mayoral co propósito de explicar a infinita paciencia de Ramón Piñeiro, sempre disposto a atender a todo o mundo.  Un día cando ía visitalo, ó entrar no portal, Marina atopouse con Isabel, a muller de Piñeiro, que volvía á casa despois do traballo. Intercambiados os saúdos de rigor, empezaron a subir xuntas as escaleiras. De repente, escoitaron unha voz de muller que facía escalas musicais, en todo moi alto, e que despois cantaba: «addio del pasato bei sogni ridente…». Pararon de escoitar. Non había dúbida, a voz viña de enriba, do despacho de Raón. Isabel, afeita xa a todo, sen inmutar a voz, dixo: «isto é novo».

Era unha señora arxentina, enviada quen sabe por quen, que fora ver a Ramón Piñeiro para constarlle a súa vida e os seus proxectos como cantante, e que buscaba consolo porque non a contrataran para facer o papel de Violeta na ópera La Traviata.

A anécdota, na que a sabiduría narrativa de Marina Mayoral  intercala a frase resignada e chea de sorna de Isabel, ilustra moi ben a paciencia infinita daquel home, capaz de soportar sen inmutarse, arrimado soontra da parede ás tres da mañá, o discurso disparatado dun borracho.

Esta columna publicouse orixinalmente o 8 de xaneiro de 1991.