La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Leda

A Leda, a cadela labrador, saíulle un vulto enorme nun costado, detrás da perna dereita de adiante, e houbo que levala ao veterinario. Polo visto, tiña líquido dentro e era necesario abrirlle o saco para que drenase ben e evitar a infección. A intervención durou case unha hora e foi feita a pelo, é dicir, sen anestesia nin calmante de ningún tipo, a pesar de que consistiu en darlle un corte de bisturí na pel, dun par de centímetros de lonxitude, bastante doloroso, segundo a rapaza que realizou a operación. Sorprendeume, porque é a primeira vez que me vexo nunha destas, que non atasen o animaliño, senón que mo mandasen coller a min, coma se fose un neno.

Polo que puiden observar, nin iso era imprescindible, pois a cadela estivo tranquila todo o tempo, igual que unha señora maior que fose capaz de aturar con tranquilidade as perrerías que lle … Seguir leyendo

Un dato innecesario

Na miña vida coñecín dous ou tres torturadores recoñecidos, entre outras razóns porque torturaron a amigos meus. Eu víaos facendo unha vida normal, tomando tazas nos bares, paseando polas rúas cos familiares e amigos, rindo como a xente común. Nada os distinguía das persoas decentes. Non obstante, cando actuaban na escuridade impune das súas trastendas eran unhas perfectas alimañas, uns seres dotados dunha capacidade infinita para humillar no seu corpo a outros seres humanos.

Son dunha raza sen sorpresas, igualiños uns aos outros en calquera parte do mundo. Os chilenos acaban de descubrir que un dos máis cualificados entre os expertos da dolor que actuaron sen piedade baixo o réxime de Pinochet, vive clandestino no Brasil. Foi tanto o mal que causou durante os peores anos da ditadura que todo o mundo está de acordo en reclamalo para que responda dos seus crimes.

A biografía do personaxe, que refiren os … Seguir leyendo

Sentir rabia

Tiven un inimigo na infancia ao cal os rapaces lle chamabamos Pata Galana porque era coxo. Vivía en Baronzás, unha aldea próxima a Xinzo de Limia que tiña o privilexio de dispoñer de monte, unha rareza apreciable nunha comarca absolutamente cha, onde un simple outeiro pode parecer unha montaña.  Non sei por que, aquel mozo sentíase dono do lugar e corría a pedradas aos nenos da vila que nos atreviamos a subir ata o alto. Un día chamounos forasteiros de caldo á merenda e ameazounos co sacho que levaba na man.

Sempre pensei que a pouca sensibilidadade que teño para o patriotismo, que suplo a base de respecto, pois xa sei que a xente en xeral lle dá moita importancia a estas cousas relacionadas co amor á terra, me vén daquela experiencia co coxo ruín que non nos permitía aos outros nenos pisar un territorio que consideraba propio.

Estes días, … Seguir leyendo

O sinal dun aventureiro

Teño un parente en Suecia que levaba tempo buscando a tumba do seu pai, morto en Suíza hai xa bastantes anos. O morto foi un grande aventureiro. Durante a Segunda Guerra Mundial, cando era piloto da RAF, foi abatido polos alemáns, pero conseguiu saltar en paracaídas, con tanta sorte que, ademais de salvar a vida, caeu nun xardín do sur de Suecia, nunha casa onde vivía unha rapaza loira, rica e bonita. Daquela unión, que acabou en divorcio, naceu un rapaz, o mesmo que andaba buscando a tumba daquel home.

Atopouna hai uns meses, por casualidade, nun fermoso cemiterio, á beira do lago Leman, nas aforas de Lausana. Non era máis que un montonciño de terra e unha cruz de madeira caída no chan, sobre a que puña simplemente Quigley. O fillo regresou a Suecia, encargou unha lápida e volveu a Suíza para depositala no seu lugar.

Cumprido o obxectivo, … Seguir leyendo

Un gran avó

Estes días, na tertulia de Baiona falamos do Premio Nobel de Literatura, que a moitos nos gustaría que algún día o puidese gañar Gonzalo Torrente Ballester, o cal sería de xustiza. Hai anos, o escritor amigo estivo de viaxe en Estocolmo e coñeceu a Artur Lundkvist, que mandaba moito na academia sueca e que foi o responsable de que lle desen o galardón a escritores de fala hispana como Vicente Aleixandre ou Octavio Paz e de que non llo concedesen a Jorge Luis Borges, a quen non estimaba por razóns de orde política.

Con motivo daquela viaxe de Torrente a Escandinavia, Lundkvist escribiu un longo artigo nun prestixioso periódico de Estocolmo falando marabillas do escritor galego. Cando o lin, pensei que tiña chegado a hora ou que, polo menos, entrabamos nas vésperas. Logo veu a enfermidade do académico sueco e despois a súa morte.

O outro día, cando Miguel Viqueira … Seguir leyendo