La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Unha peste e San Roque

Onte, cando cheguei a Vigo pola mañá, nada máis baixar do coche vinme sorprendido por unha peste inesperada de mosquitos que enchían o aire: nubes de bichos voando de aquí para alá, como bandadas diminutas de paxaros ananos. Nos escasos metros que me separaban do traballo tiven que librarme duns poucos. Eran verdes, coas ás máis grandes que o resto do corpo, duros como chícharos, aínda que bastante máis pequenos. Metíanse por todas partes, especialmente no pescozo e detrás das orellas.

Nas conversas telefónicas da mañá, foron moitas as persoas que me falaron do asunto. Case todos os comentarios remataban cunha frase humorística, que eu interpretei sempre como unha proba de temor ou de inquietude. Un amigo díxome que noutro tempo, un fenómeno así  daría orixe polo menos a unha novena.

Pouco antes de comer, mentres facía cola na caixa dunha tenda, escoitei dúas señoras maiores que falaban do fenómeno. … Seguir leyendo

Cuestión de nomes

A propósito desa historia de Torrente Ballester da que falei onte aquí, cando unha nena lle pediu unha peseta de pipas, acórdome tamén dunha vez que estaba eu firmando libros nunha feira, hai xa bastantes anos, e achegouse un señor que me pediu que lle dedicase unha novela poñendo o meu nome na dedicatoria, non na firma. Como a cousa me parecía un pouco absurda, pregunteille a que se debía tal extravagancia e respondeume que todo era tan normal como sinxelo: chamábase igual ca min.

Desde entón, a este señor téñolle gastado mil xudiadas, todas sen querer, pero algunhas nada agradables, como o día que lle anulei un billete de avión desde Madrid a Vigo, cando unha azafata de terra, ao retirar a tarxeta de embarque, se atopou con que eu tiña reservados dous billetes ao meu nome. Creo que foi a peor.

A cambio, grazas a padecer algúns inconvenientes, … Seguir leyendo

Criar cobras no corazón

Ese neno italiano que estivo secuestrado durante máis de cinco meses e a quen os seus verdugos lle cortaron unha orella é un símbolo do horror. ¿Como será a alma dos individuos que decidiron arrincalo da casa dos seus pais e sepultalo entre ratas só para conseguir o diñeiro do rescate? ¿En que momento das súas vidas pasaron o estreito rubicón da conciencia, perderon a condición de homes con sentimentos humanos e se converteron en canallas sen escrúpulos? Unha explicación preguizosa, desvinculada de calquera esforzo intelectual solvente, buscaría a causa na infancia destes individuos ou nas dificultades dunha vida presuntamente difícil.

Mentira. O mal é unha opción vital para todos, non só para quen foi vítima dunha infancia difícil ou dunhas condicións sociais inxustas, por non falar dunha educación deficiente. Optar pola maldade é unha decisión libre, que afecta o mesmo a ricos que a pobres, aínda que se manifeste … Seguir leyendo

Un cazador

Pois o gato Samuel xa caza. Hai tres días colleu unha toupeira, o sábado pillou un rato e onte fixo o mesmo cun paxaro. Que mate dos primeiros non me importa, pero a estes últimos non me gusta que os ataque. Son, non obstante, as súas presas preferidas. Embóscase na herba, coa barriga contra o chan, e no momento oportuno dá un salto felino que con frecuencia lle resulta eficaz. Claro que se trata dunha eficacia gratuíta, supoño que deportiva, pois non lle serve para nada. Quero dicir que non é preeiro, por fortuna, e que non come os bichos que mata. Xulgado con criterios humanos, sería un cazador que se divirte cazando.

Dixen que non me importa que mate ratos, por exemplo, pero que non me gusta que faga o mesmo cos paxaros. Está claro que isto é unha contradición. Os dous teñen os mesmos dereitos, por riba das … Seguir leyendo

Bielorrusia

De Minsk e Bielorrusia quedamos todos bastante fartos. Iso de que as tradutoras non traducisen as opinións que non lles gustaban ás autoridades acabou por facerse intolerable. No tren viaxa moita xente que fala ruso e que nos alertaron sobre esa práctica inmoral. O mesmo fixeron algúns escritores locais. Por outra parte, as ditaduras chéiranse na rúa, nas tendas, nos restaurantes. O presidente Lukaschenko, que se fixo famoso cos seus discursos en contra da corrupción, vive asentado sobre ela, e parece satisfeito.

O luns pola noite, un grupo bastante amplo acordamos non asistir á recepción que nos daba o ministro de Cultura e evitar así que nos utilizase como propaganda. Zafámonos das súas mans pero fomos parar ás dun mafioso propietario dun restaurante que nos cobrou os vasos de viño a mil cincocentas pesetas* e que nos enganou todo canto quixo. Escoitou unhas cantas, pero mantívose impasible: cumpriu os seus … Seguir leyendo