La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

A cociñeira e o presidente

Ao presidente Franklin D. Roosevelt gustáballe comer, pero aborrecía os brócolis, tanto que nunha ocasión non dubidou en mandarlle un detallado memorandum sobre o asunto á súa cociñeira, a señorita Henrietta Nesbit. Nunca tal fixera: desde entón, aquel home tan poderoso, que gobernou os Estados Unidos durante doce anos e que decidiu a fabricación da primeira bomba atómica da historia, non conseguiu librarse de tan odiado menú. A citada cociñeira, inepta e teimuda, dicía que os brócolis lle tiñan que gustar.

Detrás da ousadía daquela muller bruta, estaba a primeira dama do país, a famosa Eleanor Roosevelt, á cal lle importaba un pemento o seu marido. A pesar de que a polio o condenase a permanecer para sempre nunha cadeira de rodas, ela negábase a sacalo a dar pequenos paseos polo xardín, unha das cousas que máis o distraía.

É a historia dun vello rancor, do que se fala nun … Seguir leyendo

Unha muller

Supoño que foron imaxes que viu case todo o mundo. Eu, por pura casualidade, vinas tres ou catro veces ao longo do día, nos distintos informativos das cadeas de televisión. Curiosamente, non foron comentadas. Aparecían como ilustración gráfica dunha noticia, pero sen que houbese ningunha referencia específica a elas, perdidas no conxunto dun suceso máis amplo: o estoupido social dun país asiático. Confeso que había moito tempo que non vía unha escena que me impresionase máis, por moito que todos os días se vexan cousas terribles, algunhas francamente insoportables. Non obstante, esta que comento foi a peor.

Refírome a unha muller de idade indefinida, toda vestida de branco, que estaba tirada no chan no medio dun tumulto, probablemente ferida de gravidade, aínda que consciente. Movíase con dificultade, quizais coa torpeza dunha cobra moribunda; non, desde logo, con esa tensión dramática propia das persoas que loitan de maneira desesperada contra a … Seguir leyendo

Teatro

Hoxe estou en Barcelona para o de sempre: predicar un pouco. Aproveitei a mañá de onte e fun dar o paseo inevitable polas Ramblas, que son un dos teatros humanos máis divertidos de toda Europa. Vin a un Drácula metido nun féretro horroroso, feito con táboas sacadas de caixas de froita e forrado con cachos de plástico negro, quizais restos de bolsas para o lixo. Parecía estar morto, pero creo que estaba durmindo. Vin tamén a un peruano que morría nun combate con outro, pero morría tan mal que á xente lle daba a risa. E vin a un can vestido de señor, todo serio, con lentes, sombreiro e gravata.

Era máis elegante que o dono. Logo estaban os mimos, cada vez máis perfectos: un vaqueiro do oeste que parecía unha estatua de bronce, moi solicitado polos turistas para retratarse con el; un anxo branco case despegado do chan, a … Seguir leyendo

Nota de agradecemento

O outro día, antes de saír para Zürich, atopei en Madrid unha amiga que me deu unha noticia agradable e curiosa: unha veciña súa, en Ferrol, ten un gato ao cal lle puxo de nome Tomás, en recordo do noso, que tamén se chamaba así e que desapareceu en circunstancias tráxicas, tal como contei aquí no seu día. Naturalmente, a información produciume alegría e tristeza, como resulta fácil de entender, e desde entón non deixei de pensar no asunto, incluída esta fin de semana que pasei en Suíza, tan cheo de frenética actividade.

Ao final, penso que lle debo dar as grazas a esta señora, non de parte miña, senón de Tomás, que xa non está neste mundo. Direille como era, por se lle serve de algo á hora de educar o seu gato. Ante todo era boa xente, pero tiña tamén unha intelixencia bastante preclara, polo menos se falamos … Seguir leyendo

O diario de Zlata

O día 30 de marzo do ano 1992, mentes a cidade de Saraxevo era bombardeada con saña polos serbios, nun piso do centro da capital unha nena chamada Zlata Filipovic collía un lapis, abría un pequeno caderno coas follas en branco e escribía na primeira delas: “Hola, Diario. ¿Sabes o que penso? Como Ana Frank lle chamou Kitty ao seu diario, quizais eu tamén che podería poñer a ti un nome”. Acabaría bautizándoo como Mimmy. Dous anos despois, os escritos de Zlata Filipovic estanse convertendo nun negocio.

Unha prestixiosa editorial norteamericana, Viking Penguin, pagou por eles uns setenta millóns de pesetas*. Algo máis foi o que deu polos dereitos cinematográficos unha coñecida produtora do ramo. Non se sabe a cifra que suman os dereitos de tradución do diario, que vai ser publicado en vinte e tres países diferentes.

De momento, Zlata Filipovic, que anda por Nova York, invitada polos … Seguir leyendo