La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Máscaras

Onte pola mañá, cando ía traballar, cruceime na rúa cun número non pequeno de rapaces e rapazas disfrazados, supoño que dispostos para participar nas festas escolares que se organizan estes días nalgúns colexios. Sorprendeume a seriedade da maior parte deles, coma se en vez de encamiñarse cara a unha troulada, fosen a unha clase normal. Non resultaba nada estraño en disfraces como o que levaba unha nena que ía de axente funeraria ou algo así, con chaqueta e pantalóns negros, bigote e bombín. Parecía, en cambio, bastante raro noutros casos, como un rapaz gordo, con cara de acabar de almorzar e feliz, que ía vestido de chourizo.

Polo que respecta á vestimenta de entroido, ocorre como sucede na vida en xeral: a fantasía é repetitiva ou limitada, raramente orixinal. Por exemplo, nese grupiño ao cal me refiro, había o de sempre, é dicir, pallasos, militares de graduación indefinida, piratas con … Seguir leyendo

Case un xeroglífico

O outro día, cando estiven no entroido de Xinzo de Limia, vin un veciño da vila, antigo garda civil, que sempre destacaba pola orixinalidade dos seus disfraces, pero que nesta ocasión ía a corpo xentil, sen máscara nin roupa especial. Eu recordo este home, hai xa bastantes anos, disfrazado soamente cunha pinza metálica pendurada dun pelo do bigote. A pesar da sinxeleza do motivo, que resultaba insignificante, provocaba a gargallada aberta de cantos o observaban. Está claro que a graza se leva na alma.

Xente así, capaz de facer rir aos demais a base de enxeño, había moita. Agora véñenme a cabeza o Cacá, un anano simpático e ocorrente, e o Jota Bé, un carniceiro analfabeto, pero que inventou o sistema de signos para escribir a palabra “polo” sen saber. En tempos, ambos os dous eran medio carnaval. O primeiro xa morreu.

Polo que puiden comprobar este ano, a tradición … Seguir leyendo

Problemas xenealóxicos

Na capela de Santo Domingo de Val hai unhas escenas que representan a historia dun xudeu que lle comprou unha hostia a un sacristán para cometer despois con ela algún tipo de profanación ritual. Unha intervención divina impediu, non obstante, que se consumase o sacrilexio e a sagrada forma acabou na patena de ouro da catedral, convertida nun neno que o arcebispo de Zaragoza enguliu durante a misa. É unha historia que se repetiu con frecuencia na España do século XV e que contribuíu a preparar a expulsión dos xudeus.

A máis sonada de todas estas patrañas foi a do Santo Neno de La Guardia, un rapaciño cristián presuntamente raptado naquela localidade toledana por un grupo de xudeus, os cales, o día de Venres Santo de 1489, o someteron aos mesmos suplicios que lle foran inflinxidos a Cristo, incluída a crucifixión.

Por aquel motivo, a Inquisición queimou un grupo de … Seguir leyendo

No centro ou no cabo

Nun dos picos da cadea montañosa que forman os Cárpatos en Ucraína érguese un enorme monolito de pedra, erixido no lugar hai máis de cen anos. Unha inscrición gravada ao pé proclama para o mundo enteiro a noticia de que alí se atopa o centro exacto de Europa. É un dos motivos de orgullo das xentes daquel país. Por esa causa manteñen agora unha disputa cos habitantes de Vilna, a capital de Lituania, que reclaman para si o mesmo privilexio, pese a que entre os dous puntos hai máis de mil quilómetros de distancia.

Non son os únicos. Os polacos, por exemplo, están convencidos de que o centro do continente cae de maneira inequívoca nun bosque próximo á cidade de Lódz, sinalado tamén cun monumento. Esta pretensión dos polacos bate, por outro lado, coa negativa indignada dos bohemios, seguros de que ese punto se atopa preto de Praga.

Non sei … Seguir leyendo

Catro lápis

Alá polos anos setenta, durante os veráns, a televisión sueca acudía con moita frecuencia a unha casa de vacacións situada á beira do mar, na costa oeste do país, non moi lonxe da cidade onde eu estaba, para entrevistar a un vello de rostro nobre, intelixencia aguda e conversa natural. Chamábase Tage Erlander. Este nome quizais non lles diga moito ás persoas que non coñecen Suecia, pero para os habitantes daquel país era unha figura venerada, un político respectado por todo o mundo, incluídos os seus adversarios.

Cando Tage Erlander deixou a xefatura do goberno, despois de vinte e tres anos, para pasarlla ás mans amigas de Olof Palme, a muller daquel presentouse un día na secretaría do primeiro ministro para facer entrega de catro lapis que o seu home utilizara na casa para facer algúns traballos, pero que pertencían ao Estado.

Sempre que vin na televisión aquel home, sentado … Seguir leyendo