La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Cousas culturais

Hai anos participei en Madrid nunha reunión dun xurado que tiña que outorgar un premio importante. Eramos uns quince membros e debiamos elixir entre unha lista de libros na que figuraban obras escritas en castelán, galego, catalán e vasco. Respecto desta última lingua, como non dispuñamos de traducións, todos pensamos que practicamente quedaba excluída, a non ser que un dos nativos que formaba parte do xurado nos convencese de que se trataba de algo importante e obrigar desa maneira o organismo convocante a encargar unha versión ao castelán para que a puidésemos ler antes de que se celebrase a última xuntanza, uns días máis tarde.

A sorpresa foi que, ao facer o escrutinio das papeletas, un dos libros vascos tivo dez votos. Todo o mundo puxo cara de sorpresa, houbo algunhas risiñas e todos quedamos convencidos de que na segunda votación non se repetiría aquel disparate. Porén, repetiuse. Uns por … Seguir leyendo

Tantos soños rotos

Vexo repetida estes días nos periódicos a fotografía do presidente de Bolivia, Jaime Paz Zamora, que recibiu a visita do seu colega español. Nada que recorde aquel mozo que nos anos sesenta, na época do fervor revolucionario e castrista dos estudantes de medio mundo, viña a Santiago de vacacións. Estouno vendo na casa de Aurichu Pereira, que logo se había converter na súa cuñada, cantando uns versos de Nicolás Guillén que dicían: “Soldado, aprende a tirar, que hay mucho que caminar, tú no me vayas a herir”. Era simpático, translucía unha delicadeza aprendida na educación exquisita dunha boa familia, tocaba ben a guitarra e sabía moitísimas historias da súa terra natal.

Sobriño de Paz Estensoro, entón presidente de Bolivia, militaba na oposición máis radical e tiña un irmán na guerrilla. Este último detalle facíao aínda máis interesante, pois a nós parecíanos que falando con el ou estreitando a súa man, … Seguir leyendo

Un tendeiro irritado

O outro día que estiven en Ourense atopeime cun amigo de Xinzo de Limia, co cal me dediquei a informarme sobre persoas e acontecementos sucedidos ultimamente na miña vila. En canto pasa algún tempo, sempre hai novidades. Así souben, por exemplo,que a un señor que eu daba por vivo, resulta que está morto desde hai anos. Era un tendeiro con quen eu falaba moito. Tiña fama de mala persoa, un pouco ruín e atravesado, pero a min caíame simpático. Recoñezo que era algo raro, pero contaba as cousas moi ben.

Sabía vidas e famas, coñecía crimes e mortes violentas e atribuíalle aos curas toda clase de maldades, incluso a un capelán da vila, bastante infeliz, de quen dicía que levaba un coitelo metido no cinto. Ás veces, cando o tal tendeiro estaba irritado, botaba os clientes do negocio, sobre todo a xente que entraba sen saudar.

A un señor de … Seguir leyendo

Unha reconciliación

Dicía eu onte aquí que o novelista ourensán Julio V. Gimeno tiña unha tendencia irrefreable a provocar desgrazas. Nunha ocasión, mentres descansaba bucolicamente no medio dun piñeiral en compaña do poeta Antón Tovar, de maneira involuntaria ocasionou un incendio. Por se fose pouco, debido a un erro de visión da persoa que os denunciou, a Garda Civil tirou a conclusión de que os dous escritores viaxaban nun coche con matrícula falsa. O asunto rematou desfavorablemente para ambos os dous no xulgado de Allariz.

Con frecuencia, os artigos que Gimeno escribía na prensa deron orixe a sancións gobernativas. Unha vez, por dicir que un garda civil que vivía no mesmo edificio que o novelista facía ruído a propósito para non deixalo durmir. Outra vez por tomar a broma o proxecto dun gobernador civil que pretendía facer o Miño navegable.

O peor de todo, non obstante, foi a catástrofe que provocou con … Seguir leyendo

Bordeos

Chegamos a Bordeos o sábado pola mañá, despois de pasar a noite no tren, durmindo de dous en dous, en departamentos de coche-cama. Podíase elixir a persoa acompañante, previo acordo, por suposto. Nada máis atravesar a fronteira, a Gran Voz repetiu en inglés, francés e alemán que estaban “desolados” porque a compañía española non nos servira o almorzo, pero que os franceses ían resolver o problema. Non era xusto, porque nos levantamos ás seis e media da mañá e ademais os ferrocarrís españois puxeron á nosa disposición un tren magnífico moi cómodo. Como ocorre ás veces, pagaron xustos por pecadores.

Polo demais, a organización francesa, moi ben. Todo funcionou como un reloxo, ao revés do que sucedera en Madrid. Despois de xantar, eu participei nunha mesa redonda, na Fnac, a célebre cadea de librerías, sobre as literaturas que se fan en España nas distintas linguas. O público seguiu o debate … Seguir leyendo