La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Un indulto esperado

As persoas que agora teñan máis de cincuenta anos recordarán a Caryl Chessman. A súa execución na cadeira eléctrica, que tivo lugar no penal de San Quintín alá polo ano 1960, conmoveu a medio mundo, excepto a quen tiña que conmover de verdade: as autoridades de California, que se negaron a conmutar a pena de morte pola cadea  perpetua. Que eu recorde, aquel foi o último gran combate da opinión pública de todo o mundo en contra da pena capital. Con todo, non serviu para salvar a vida daquel home.

Era certo que Chessman estaba acusado de crimes horrendos, se ben é verdade que el sempre se proclamou inocente. O problema non era ese. A xente púxose do seu lado porque levaba doce anos librándose da morte polos pelos, conseguindo aprazamentos no último minuto, ás veces cando xa estaba sentado na cadeira eléctrica.

Foi tal a presión internacional que parecía … Seguir leyendo

Encontro cun vello mestre

A semana pasada atopeime nunha cea con don Agustín Madarnás, que foi profesor meu de Literatura cando eu era aínda un rapaciño de catorce ou quince anos. Coincidimos con el un pequeno grupo de antigos alumnos e todos nos puxemos a recordar, cada un dunha maneira, detalles daqueles tempos de estudantes. Hai quen se acorda sobre todo das cousas negativas e hai tamén quen non ten memoria máis que para as situacións cómicas ou graciosas. Outros prefiren evocar os suspensos e as incidencias da vida académica.

Eu non me esquecín daquelas clases nas que liamos a Fernández Flórez ou a Azorín, que supoño debían ser lecturas bastante avanzadas para a época, cando había tantos pecados relacionados cos libros. Non se podía ler a Baroja, por exemplo, nin a Ortega; moito menos a Unamuno, que xa estaba no Índice de Libros Prohibidos.

O que eu aprendín daquel profesor foron algunhas cousas … Seguir leyendo

Un home parecido a Nietzsche

O outro día estiven vendo un deses programas de televisión onde falan moitas persoas como se estivesen nunha tertulia. Para min son os máis interesantes de todos,  especialmente cando concorren algúns personaxes pintorescos ou curiosos, que case nunca faltan. Como vin que na lista desa noite figuraba un escritor a quen lle teño oído defender outras veces a necesidade de crear hospitais para grilos e cousas dese estilo, dispúxenme a pasar unha hora divertida. Tal como esperaba, non saín decepcionado.

O centro do programa era un señor do fútbol, presidente falangueiro e trapalleiro dun club de Madrid, de quen se podería dicir, tendo en conta a falta de inhibicións coa que fala, que carece de subconsciente. Esa maneira de actuar parécese bastante a unha pornografía feita de carne gorda, xestos feos e xente horrorosa.

Como era de esperar, a sorpresa deuna o escritor dos grilos, que dixo do citado individuo … Seguir leyendo

Dous homes

Hai un par de días, nunha desas cadeas de televisión que chegan por satélite, vin un interesante programa de tipo documental. Tratábase da historia certa de dous homes, un dos cales disparou sobre o outro durante un atraco na recepción dun motel. Once anos despois daquel suceso, que foi rexistrado en todos os seus detalles por unha cámara de vixilancia, os dous protagonistas do drama encontráronse fronte a fronte no cárcere, onde o primeiro deles cumpría a pena de prisión que lle correspondeu polos feitos.

Na conversa que mantiveron en presenza dun funcionario de prisións, a vítima, un home aínda abatido pola desgraza, quería saber dúas cousas: primeiro, a razón da saña con que fora tratado, tendo en conta que non ofrecera resistencia e entregara os cartos que lle pedían; segundo, por que disparara contra el ao marchar, sen motivo.

O outro respondeu: os golpes coa culata na cabeza foran … Seguir leyendo

Unha cunca

Na última novela de Tom Wolfe, ese famoso escritor norteamericano pequeno e miúdo, calzado con botíns antigos e con aspecto de xogador de casino, hai unha frase que trae de cabeza a unha boa parte do mundo literario do seu país. Na páxina 228 da edición orixinal, cando os protagonistas do relato, o magnate Charlie Croker, personaxe baseado no modelo dun home rico de Miami, e Serena, que será a súa segunda muller, máis nova ca el, entran no cuarto dun motel de pouca monta, ela saca unha cunca do bolso e ambos os dous, segundo as palabras do narrador, “fixeron aquela cousa coa cunca, da cal el nunca oíra falar na súa vida”.

Non sei se debido a que algún lector deu a voz de alerta e converteu os seus malos pensamentos en curiosidade colectiva ou que algún espabilado axente comercial bateu con esa tecla para vender mellor o … Seguir leyendo