La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Memoria dunha emperatriz

Unha das poucas excepcións á desmemoria cultural dos suízos, da que falei aquí onte e anteonte, é o recordo da morte da emperatriz Isabel de Austria, que o cine fixo famosa en todo o mundo a través da película titulada Sissi. O ano que vén cumpriranse en anos do suceso, que ocorreu o día 10 de setembro de1898. A emperatriz, que amaba os hoteis da beira do lago, en Xenebra, especialmente o Des Bergues e o Beau-Rivage, moi próximos un do outro, chegou a este último na véspera para pasar uns días.

A mañá seguinte, co rostro cuberto coma sempre, acompañada dunha amiga, atravesou a rúa do Quai du Mont-Blanc, xusto diante do hotel, para coller un pequeno vapor que facía o traxecto, pola beira norte do lago, ata a cidade de Montreux. Foi alí onde se cruzou co seu asasino, que lle atravesou o peito cunha lima afiada.… Seguir leyendo

Papeis

Aproveitei estes días de descanso para poñer algo de orde nas carpetas onde gardo papeis, cartas, fotos e recortes de periódicos. Nun principio, andar revolvendo no pasado resulta interesante, ás veces tamén sorprendente e, con frecuencia, embarazoso. Atopei mazos de correspondencia dunha moza de hai moitos anos, cando eu tiña pouco máis de vinte, e chamoume a atención que nalgunhas delas, alguén, quizais un funcionario de correos, me escribira no sobre, debaixo do selo, mensaxes deste tipo: “Ya van tres en esta semana”. Ou: “Otra más”. Ou: “Os vigilo”. O raro é que non recordo como reaccionaba eu entón a aquelas impertinencias.

Respecto das fotos, en xeral, fanme rir, sobre todo aquelas nas que aparezo retratado. Nas máis antigas, véxome demasiado serio, como querendo aparentar un tipo misterioso ou raro, que era a imaxe que eu tiña entón dos escritores. Polo que concerne a barbas, peiteados e roupa, o que … Seguir leyendo

Dous tipos desastrosos

Os expertos opinan que o fracaso do recente golpe de Estado en Venezuela foi debido a que na televisión, tomada polos insurrectos, apareceron uns individuos con tal aspecto de delicuentes que a xente se asustou. Por outra parte, a forza de falar pola radio explicando os seus plans, o xefe dos rebeldes mostrou tales carencias de tipo intelectual, incluídas as léxicas e as sintácticas, que unha boa parte dos venezolanos chegaron á conclusión de que, a pesar de todo, o presidente actual, tan pouco querido, era bastante mellor.

Polo visto, a catadura dos que apareceron na televisión metía medo. Non se sabe aínda por que, para dirixirse á poboación, foron elixidos dous individuos tan inquietantes, mal vestidos e peor encarados, aos que non lles faltou máis que sacar a navalla, un accesorio que, segundo revelaría unha enquisa posterior, unha boa parte dos espectadores asociaron de forma automática con aqueles tipos … Seguir leyendo

A voda

O sábado foi o día da voda, en Bruxelas. A televisión dedicoulle oito horas seguidas, supoño que con bastante éxito porque eu mesmo, pola tarde, fuxindo do frío, metinme no hotel e, a falta de cousa mellor que facer, estiven mirando un pouco. O máis interesante da cerimonia, á parte da fermosura da noiva, foi o equilibrado uso das dúas linguas do país, que sospeito debía de estar moi meditado. Por exemplo, aos príncipes fixéronlles as preguntas do ritual en francés e en flamengo, pero el pronunciou o “si” neste último idioma e ela no outro. Pareceume que houbo máis aplausos e entusiasmo no primeiro caso que no segundo.

Hai anos, eu coñecín un belga francófono en Dinamarca, co que quixen falar do conflito lingüístico da súa terra, pero non houbo lugar porque me dixo, poñendo cara de noxo, que o flamengo non era unha lingua, senón unha especie de … Seguir leyendo

Eu nin quero ir ao inferno

Eu non quero ir ao inferno. Digo isto porque onte, o título do meu artigo parecía suxerir o contrario. O que eu escribín foi “Querer ir ao inferno”, aludindo a aquel veciño meu de Xinzo de Limia que manifestaba esa querenza, e non “Queremos ir ao inferno”, que foi como apareceu aquí. Eu nunca crin nun lugar onde queiman a xente, pero un día, cando estudaba o bacharelato, ocorréuseme preguntarlle a don Vicente Risco, como experto na materia, se era posible que houbese un sitio horrible reservado aos condenados onde se empregaba o lume para castigar os seus pecados. Como na pregunta ía implícita a dúbida, don Vicente miroume durante uns segundos e logo díxome: “Pois segue pensando esas parvadas e verás como o acabas experimentando no propio corpiño”.

Nunca me vin tan preto da condenación eterna, pois daquela eu cría que a sabedoría de Risco chegaba ata esas zonas … Seguir leyendo