La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Argumento

Un amigo meu que coñece ben Arabia Saudita estivo contándome cousas daquel país que me resultaron interesantes. Non parece fácil entender unha cultura tan distinta da nosa e imaxinar como pode ser unha sociedade na que non hai cine ou onde as mulleres carecen practicamente de dereitos, entre eles, por exemplo, o de conducir un coche ou entrar nun café ou nun restaurante, ademais de andar permanentemente cun veo que lles cobre a cara. Tampouco se comprende ben o feito de que non se poida beber un licor ou un simple vaso de viño. E o mesmo se pode dicir da prohibición de comer carne de porco, incluído o xamón, e outras prácticas polo estilo.

Un código moral tan ríxido ten que ser violado dunha maneira constante, o cal equivale a instituír a hipocresía como unha forma de liberación necesaria. Iso é tan certo, segundo me contou o meu amigo, … Seguir leyendo

Un cadro

O peor foi que a historia saíse do ámbito familiar e acabase nos periódicos. Esa circunstancia arruinou a vida de dona Ana, unha aristócrata portuguesa que a estas horas, despois de seis meses, aínda está desaparecida. Hai feitos que a vergonza non resiste. Total, por nada: o amor por un cadro. Non unha obra de arte de gran valor económico, senón un obxecto sentimental querido desde a infancia. Nada máis que unhas perdices ben pintadas, un mantel de hule, dous pratos, unha botella de viño e unhas flores.

Desde nena, dona Ana estivo namorada daquela pintura. Nunca ocultou o sentimento que lle producía. Na familia, todos sabían daquela paixón absurda, incomprensible. Agora, consumada a traxedia, os irmáns aseguran que entenden, pero xa pode ser tarde. Cada vez parece máis claro que a señora se tirou ao Teixo. Unha pena excesiva para un pecado pequeniño, indubidablemente fermoso.

Solteirona, convertida na gobernanta … Seguir leyendo

Racismo e ladridos

Onte pola tarde, por puro azar, coincidiron na casa un grupo de persoas de distintos países: dúas suecas, un norteamericano, un inglés, unha alemá e todos os demais. Neste último capítulo entraban seis rapaces e rapazas, fillos dos anteriores, que falaban de todo menos español. A conversa, polo tanto, desenvolvíase simultaneamente en todas as linguas, con axudas dunhas a outras para os matices ou os termos máis complicados. Un albanel que traballaba no xardín miraba con cara de non entender nada.

Por se fose pouco, o inglés é un profesor interesado pola literatura galega, que está traducindo contos de diversos autores. Polo tanto, a lingua galega estivo tamén moi presente no coloquio, pois o tradutor quería aclarar o significado dalgunhas palabras ou pretendía entender o sentido dalgúns costumes e crenzas.

Houbo un momento en que saíu na conversa o tema do racismo. Díxose o de sempre, contando cada un a … Seguir leyendo

Unha santa que non foi

A poucos santos lle recei eu máis na miña vida que a santa Mariña de Augas Santas. En primeiro lugar porque é a patroa da miña vila; en segundo, porque na biografía dela que nos lían na escola había unha frase que me parecía impoñente: “Pensaba el impío pretor romano que podía burlar la voluntad de Dios”. Por último, porque eu mesmo vin, na aldea que leva o seu nome, o buraquiño minúsculo por onde saíu do forno onde a meteron para queimala e a orella que deixou impresa nunha pedra para refrescarse.

Revolvendo entre os libros antigos da feira que se está celebrando estes días en Vigo, descubrín un tomiño titulado Santos que no fueron, no que se asegura, paréceme ademais que con argumentos ben fundados historicamente, que a santa da miña parrroquia, á cal tantas avemarías lle mandei, non figura no santoral.

Non me preocupa que se … Seguir leyendo

Amigo

Teño un amigo que se chama Mathew e que naceu coa síndrome de Down. Ten agora tres anos. O outro día decatouse de que esta fotografía que aparece aquí, ao fronte desta columna do periódico, se corresponde comigo, de maneira que cando me encontrei con el na súa casa, comunicoume con alegría o descubrimento que acababa de facer. Durante uns minutos estivo apuntándonos co dedo alternativamente ao retrato e mais a min. Fixénlle unha pequena trampa, que consistiu en darlle a volta á páxina, pero advertiuno de seguida, colocouna de novo como estaba e continuamos xogando. Se Mathew se puxo contento, eu púxenme tanto ou máis ca el.

Cada día aprende algo novo. Xa sabe facer a galiña, o can, o pato, a vaca, o coche e moitas cousas máis. Supoño que non lle resulta tan fácil como a outros nenos, pero vese ben que o esforzo que os seus … Seguir leyendo