La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Unha felicitación

O sábado, algúns dos escritores e profesores que asistimos ao Simposio que se celebrou estes días na Universidade de Londres decidimos achegarnos aos locais do Centro Galego, no barrio de Kensington, para seguir a través do canal internacional da televisión española o partido de fútbol. Non se collía. Unha multitude apiñada e suorenta foi seguindo con nerviosismo crecente o que o paso acelerado do tempo facía cada vez máis difícil. Á final, choraban os nenos, choraban os vellos, era a desolación completa.

Un rapaciño sobre todos os demais non quería nin podía ser consolado. Sentado contra unha parede, desatendía unha e outra vez os requirimentos dos pais para que se fose tranquilizando. Eu achegueime a el coa intención de dicirlle unhas palabras. Era inútil. Por un momento pensei con que cara entraría na escola o próximo luns.

Saímos de alí en silencio e fomos comer un bocado a un restaurante … Seguir leyendo

A luz

Dar unha conferencia no Salón de Cent, no Concello de Barcelona, impón un pouco, como se un se sentise obrigado a falar, sen profanala, coa beleza daquel lugar histórico, tan imponente. Saín do trance como puiden, pero paseino ben. Gustaríame saber como o pasou o público, pero iso nunca se sabe. Despois da charla, durante o ágape que nos serviron, achegouse unha rapaza para que lle firmase nunha servilleta. A ela, polo menos, non lle debeu parecer mal a charla, pois dábase a circunstancia de que a servilleta que me presentou estaba chea de graxa e un pouco de carmín. Entendín o xesto como un eloxio e quedei completamente tranquilo.

Logo veu a cea con oito persoas nun restaurante agradable. Non recordo o que comemos, porque pasei todo tempo escoitando a unha amiga alemá, a quen quero moito, coa que había bastante que non falaba. Encántame a súa sintaxe, o … Seguir leyendo

Palabras

Hai un momento, cando me ía sentar para escribir o artigo de hoxe, chamáronme por teléfono para que dixese cal é a miña palabra galega predilecta. A min, este tipo de preguntas déixanme desconcertado porque non sei que responder. En cuestións lingüísticas son bastante normal, aínda que teño os meus principios. Por exemplo, cústame moito escribir “marabilla” con “b”, que é o correcto, son incapaz de utilizar a palabra “subhasta”, en vez de “subasta”, e non me sinto cómodo falando de “avaliacións”, “orzamentos” ou “titorías”. Xa sei que todas esas formas están perfectamente xustificadas, pero un ten as súas manías.

Unha vez, como xa contei noutras ocasións, don Vicente Risco pediume que agardase por el antes de marchar do café. Resulta que eu estivera falando cun señor a dous metros de don Vicente, que debeu de escoitar a conversa, porque o que me quería dicir era que tivese coidado con … Seguir leyendo

Cousas con tradición

A semana que agora remata, tiven que viaxar todas as mañás de Vigo á Coruña, case ida por volta, polo cal puiden escoitar a radio durante un par de horas diarias polo menos. Entre as moitas cousas que oín, divertiume bastante un programa de cotilleo sobre a familia real inglesa, no que participaban varios expertos, un deles indignado coa conduta pública dos membros da casa de Windsor. Foi este señor quen dixo que, ao paso que van, o descrédito acabará facendo imposible o futuro da monarquía no Reino Unido.

É probable, pero non seguro. Houbo épocas nas que as cousas foron moito peores que agora e non pasou nada. Se falamos de desprestixio, a familia actual resulta exemplar comparada coa de Xurxo III, que morreu tolo no século pasado e deixou detrás de si sete fillos varóns, todos rariños e cinco mulleres que non eran santas.

Dun deles, o duque … Seguir leyendo

Alcumes e apelidos

Ese señor Microbio do que falei onte, xa dixen que aceptaba a súa nomeada sen enfadarse. En realidade, algúns apelidos naceron de alcumes como este. Por iso moita xente os asimila tan ben, tanto que algunhas persoas, cando morren, aparecen nas esquelas cos alcumes polos cales foron coñecidas en vida. Aínda hai pouco, eu vin un destes anuncios fúnebres no que figuraba, detrás do nome e os apelidos do defunto, que era carniceiro, o alcume de Talladas, seguramente para que o puidesen identificar.

Non sei de que depende a aceptación ou o rechazo destas cousas. En Santiago, o Hola Que Tal, polo que me contaron, non protestaba. Na miña vila tamén o levaban bastante ben o Cero Quince e o Seis Reás. En cambio, o Sabidilla irritábase cada vez que llo dicían, razón dabondo para que llo dixesen moito.

Dos meus tempos na escola, ao Celsito Culinó non lle importaba … Seguir leyendo