La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Foguete

Estes días pasados, cando falei aquí dun par de amigos de Xinzo de Limia, iso valeume recibir algunhas chamadas que serviron para seguir removendo vellas lembranzas. Alguén me preguntou se me acordaba do episodio do foguete. Nun primeiro momento pensei que me estaban falando da bomba de palenque que, durante as festas do San Benito de Sabucedo, lle levara un par de dedos ao Felipito do Juan Antonio. Pero non se trataba diso. O que me estaban a recordar era unha historia inventada por min, escenificada na Praza Maior cunha concorrencia enorme de público, que consistiu no lanzamento simbólico dun foguete á lúa.

Chamábase o «Limicover I» e foi construído en madeira e cartón, pintados de purpurina, nunha aula que nos prestou o profesor Bobillo, ao cal me referín o outro día. Era un artefacto duns dous metros de alto, destinado a arder e a lanzar uns poucos petardos inofensivos, … Seguir leyendo

Atacada polo demo

Na cidade belga de Malinas, unha señora nova e bonita asegura que estivo a punto de ser comida polo demo. Foi de noite, cando se atopaba soa na casa, a punto de meterse na cama. Presentouse o perello disfrazado de frade franciscano, pediulle esmola para as obras dunha igrexa que se estaba construíndo nas aforas da cidade e nun descoido tiróuselle ao pescozo. A muller soubo que se trataba de satanás porque cando ela invocou a santa Margarida, presentouse esta no cuarto, atou o bicho polo pescozo e desapareceu con el.

A invocación á santa italiana indica unha forte cultura relixiosa, pois aquela é avogada específica na loita contra o demo, para o cal dispón dunha cinta coa que o ata despois de convertelo en ovella. Esa cinta, moi popular en Italia, acaba de dar orixe a un gran negocio en Malinas, onde un tipo espelido de Palermo, propietario dunha … Seguir leyendo

Unha vaca gorda

Agora mesmo, mentres escribo, desde o cuarto escoito unha moza que insulta unha vaca. Non sei que trastada lle faría o animal, pero algo gordo debeu ser porque a rapaza parece que está moi doída. En primeiro lugar chamoulle unha cousa fea, como se tratase de ofender a unha muller. Díxollo baixo as distintas formas que se pode dicir esa palabra, estendendo o insulto ata a nai que pariu a vaca e remontándose despois ata a corte celestial. Ao chegar ao ceo, non obstante, a indignación non pasou da Virxe María.

Contrasta a irritación desta pastora coa finura da súa voz. Se un tivese que imaxinala polas barbaridades que está dicindo, podería pensar que se trata dun marautallo, pero ese timbre non se corresponde. Os rebolos adoitan falar rouco, como os bebedores, non con esta limpeza de cristal que sobe desde o campo ata o meu cuarto.

Hai que aclarar … Seguir leyendo

Historia dun pacto

Había na miña vila un matrimonio, os dous amigos meus e xa desaparecidos, que chegaran a un curioso pacto, medio en broma medio en serio. Segundo o acordo, o home, que era descrido, podía facer o que quixese, naturalmente dentro dunha orde, nos días de carnaval. A cambio, a muller, que era moi da igrexa, gozaba de bula para empregar a Semana Santa como mellor lle parecese, o cal quería dicir que podía participar en misas, rosarios e procesións, especialmente na da Virxe Dolorosa.

Debo dicir que a Semana Santa era divertida. Había dous romanos, un deles o Malarraza, un neno que facía de Cirineo, outro que actuaba de Xoán Bautista e outros que eran San Pedro coas chaves do ceo, unha nena que levaba unha cobra de mentiras na man, a Xustiza cos ollos tapados e non recordo cantas cousas máis.

Todo isto desapareceu. O carnaval, en cambio, foise … Seguir leyendo

Unha lectura

Algunha vez teño falado aquí dun compañeiro meu de estudos primarios, a quen os demais nenos lle chamabamos Gomirro, que era moi traballador, pero que non entendía nada do que lía nos libros de texto. Nunha ocasión, por exemplo, na clase de ciencias naturais dixo que o corazón estaba formado por catro paredes musulmás. Outra vez, despois de preparar unha sinxela lección de historia durante dúas horas, ao ser preguntado polo profesor, soltou un disparate magnífico: dixo que Cristóbal Colón lle puxera sitio a Viena.

Con todo, a actuación máis extraordinaria que lle presenciei consistiu no resumo que tivo que facer na clase de historia sagrada do episodio bíblico no que se conta o sacrificio de Isaac por parte de Abraham. Rascando a cabeza como para pedir axuda, concluíu cunha frase lapidaria: “Pois conta que o señor Abraham era malo”.

Onte pola tarde, despois de ler unha longa reportaxe sobre … Seguir leyendo