La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Amor

Sucedeu como temía, que me chamaron de varios sitios para que lles explicase qué cousa entendo eu por amor, agora que se celebra a festa de San Valentín. Confeso que sempre que me poñen en situacións así non sei ben qué teño que dicir, pois carezo de capacidade para a retórica, que detesto. Nun primeiro momento, veume á cabeza aquello que comenta Ortega y Gasset, que considera o amor como un fenómeno da atención, pero non quixen ser pedante. De maneira que fixen o que me apetece, que foi contar algo. Antes aproveitei para recomendar un dos libros de amor máis fermosos que existen: O tempo dun salaio.

Este libriño merqueino en París hai anos, por recomendación dunha amiga, cando acababa de saír. É a historia de amor entre Anne e o seu home, o actor Gerard Philipe, contada por ela a partir do momento en que sabe que … Seguir leyendo

Animal branco, bicho negro

Na igrexia parroquial de Beiro, preto de Ourense, onde exerceu de cura o célebre Basilio Álvarez, hai unha imaxe de san Xurxo pelexando co dragón, que está situada sobre unha base de pedra no tímpano da porta principal. Cando eu era neno e asistía á misa desde o adro, subido no colo do meu pai, sempre facía a mesma pregunta: “E san Xurxo, ¿que santo é?” Supoño que foi entón cando o meu proxenitor, preocupado pola miña intelixencia, empezou a preguntarme con frecuencia se sabía de que color era o cabalo branco de Santiago.

Esa proba, que conseguín superar sempre, supoño que servía para tranquilizar momentaneamente a miña familia, polo menos ata o domingo seguinte, cando volvía formular en voz alta aquel enigma que ninguén me conseguía aclarar e que hoxe, transcorridos tantos anos, nin eu mesmo sei que quería dicir.

A historia veume á memoria a semana pasada, mentres … Seguir leyendo

A técnica do escorpión

Non recordo con precisión en que libro latino deses que tratan de animais lin a historia fascinante duns escorpións africanos que, segundo refería o autor, atacaban a xente por un procedemento complicado e difícil, pero moi eficaz. Como os habitantes do país sabían do perigo de morte que corrían, sobre todo polas noites, cando estaban durmindo e non se podían defender, colocaban as camas de tal maneira que o bicho non puidese subir ata elas e sorprendelos durante o soño. Aínda así, o escorpión cobraba moitas vidas.

A estratexia deste consistía en subir ata o teito e buscar algún sitio onde agarrarse coas mandíbulas. Despois, un compañeiro baixaba polo corpo do que estaba colgado e fixábase a el da mesma maneira, pero trabando coa boca na uña do outro. E a continuación un terceiro ou un cuarto, ata alcanzar o corpo da vítima.

O último, é dicir, o situado na … Seguir leyendo

Dereito de cabezada

Unha das cousas máis curiosas que hai nos países nórdicos son os expertos. A eles lles corresponde falar da depresión dos cans, ou da necesidade de tocarse entre as persoas, ou da conveniencia de renovar o aire das habitacións a razón de sete minutos cada un número determinado de horas. Durante algún tempo, eu fíxenlles caso, mais que nada por proceder dun país menos organizado, onde todo se deixaba ó saber e entender de cada quen. Co paso dos anos, sen embargo, conforme un vai confiando cada vez máis no sentido común, chega tamén á conclusión de que se pode valer por si mesmo, sen necesidade de tantos expertos.

Agora aparece un experto sueco que vai revolucionar a vida dos daneses. É profesor da universidade de Lund, unha das máis prestixiosas do país, onde se dedica á investigación do sono. A este home acudiu, pola súa condición de técnico, o … Seguir leyendo

Crónica dun día de entroido

Pasei o domingo de entroido en Xinzo de Limia, a vila da miña infancia. Como había varios anos que non participaba nestas festas, tiña esquecido algo moi importante: que non se pode saír á rúa sen un pequeno disfrace, mesmo que non sexa máis que un nariz con lentes, uns bigotes de mentira ou un gorro de papel. Os nativos sábeno ben. Son eses señores serios que van vestidos de coloríns, coa cara descuberta, como se levasen un traxe alegre e chamativo, non unha roupa propia de carnaval.

A explicación é moi sinxela: defenderse das pantallas. Estas, que troupelean polas rúas batendo vexigas e facendo soar os axóuxeres, andan á procura de vítimas, é dicir, calquera persoa que vaia sen disfrace. Cando collen a un, arramplan con el en peso e lévano ao primeiro bar que atopan, onde debe pagar unha rolda.

Acordeime cando xa era tarde: para entón xa … Seguir leyendo