Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Pedirlle cousas raras a Deus

10 de diciembre de 2017 a las 17:30

Tiña eu un compañeiro de estudos que estudar non estudaba moito, pero que xogaba moi ben ao fútbol. Un día, ao rematar un partido, que perdimos por un gol de diferenza, entroulle tal ataque de rabia que se puxo a chorar desconsoladamente, con saloucos e con impo. Entre todos tratamos decalmalo e cando por fin o conseguimos, díxonos que a culpaera do director espiritual, que lle rifara no confesionario e lle prohibira que antes de cada encontro fose á capela para pedirlle a Deus que lle axudase a gañar.

Eu pensei que o confesor levaba razón, pois se os rapaces do equipo contrario facían o mesmo, metían a Deus nun compromiso, converténdoo en forofo dun dos bandos e contrario ao outro. Exemplos non moi diferentes acabo de atopalos nun fermoso libro inédito sobre Deus, escrito por Torres Queiruga, que lin estes días.

Por certo que nas súas páxinas atopei tamén, nun apartado dedicado á oración, unha noticia ben curiosa. No ano 1833, un tal Francis Galton fixo un estudo estatístico para comprobar se aquelas persoas polas cales se rezaba moito nas igrexas, pedíndolle a Deus longa vida para eles, como era o caso dos reis, vivían máis que o resto da xente. Chegou á conclusión de que non. Con todo, o máis sorprendente foi unha crítica, elaborada como réplica, que demostraba que aquel traballo non estaba feito con rigor.

Esta columna publicouse orixinalmente o 10 de decembro de 1995.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario