Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Un home poderoso

4 de diciembre de 2017 a las 0:15

Máis que alemán, Helmut Schlesinger parece inglés. A formada cabeza, sobre todo, carece da rotundidade abusiva dos xermanos, ese poderío bovino que se percibe a simple vista no pescozo de moitos dos seus compatriotas e que xeralmente se prolonga na conformación xeométrica do queixo. As orellas, algo grandes pero correctas, tampouco son da súa terra, nin os labios. Quizais os ollos, determinados e voluntariosos, son teutóns. Polo demais, este señor parece envolto nun aire leve de intelectual elegante, quizais escéptico.

Puro engano: é un dos homes máis poderosos do mundo. Onte mesmo, como presidente do Bundesbank, fixo unhas declaración aparentemente inocentes en Colonia, e aos poucos minutos desatouse tal tormenta especulativa contra o franco e a coroa danesa que as autoridades dos respectivos países tiveron que intervir con forza para evitar que esas moedas se viñesen abaixo.

Que un home que vive nunha casa, almorza polas mañás, dorme nunha cama e toma ducha ou baño cada día, dispoña ao mesmo tempo dun poder semellante ao dos deuses, carece de calquera proporción sensata. As opinións de Helmut Schlesinger, ditas no café, entre amigos, son intranscendentes e teñen a dimensión humana que lles corresponde. Se esas mesmas opinións, a pesar de todo, ditas noutras circunstancias, poden crear graves consecuencias á economía dun país, é que o mecanismo que o permite ten un carácter monstruoso.

Esta columna publicouse orixinalmente o 4 de decembro de 1992.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario