Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Cine

26 de mayo de 2017 a las 0:35

Todo o mundo recordará aquel sistema de defensa americano que os periódicos deron en  chamar coloquialmente A guerra das galaxias. Agora acaba de publicarse nos Estados Unidos un libro moi serio, escrito por unha señora intelixente e responsable, no que o tal sistema queda bastante mal parado. Polo visto, segundo a autora, que fixo unha investigación rigorosa, ninguén do entorno de Ronald Reagan, nin o Secretario de Estado nin o Secretario de Defensa, por citar só a dúas personalidades de relevo, creron nunca na fantasía de Hollywood, que o presidente non toleraba que lle fose discutida polos seus colaboradores.

Un dos valores do libro de Frances FitzGerald é que non se ensaña coas célebres estupideces de Reagan, que limita a algunhas referencias inevitables, ao revés do que teñen feito unha boa parte dos seus críticos, que ás veces o pintan como se fose un auténtico bobo, cousa que non é certa, por máis que non fose un home demasiado intelixente.

En todo caso, ninguén lle poderá negar ao ex-presidente talento para algunhas cousas, como este asunto da Guerra das Galaxias, que tanto deu que falar e que fixo crer a medio mundo que esa fora a causa real da capitulación dos soviéticos. Se é certo, como asegura a señora FitzGerald, que estes últimos estaban convencidos de que a tecnoloxía americana e o poderío económico do país máis rico da terra serían capaces de desenvolver en poucos anos, ata convertela en realidade, a fantasía cinematográfica de Ronald Reagan, a conclusión non podería ser tan negativa para este. E sobre todo falaría moi a favor da influencia do cine americano na política internacional.

Esta columna publicouse orixinalmente o 26 de maio de 2000.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario