Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Gastronomía e circo

28 de septiembre de 2016 a las 0:12

Barcelona cheira a allo. Non me tiña fixado ata agora, pero dada a miña incompatibilidade absoluta con esta agresión culinaria, onte erguinme como vítima da súa presenza insidiosa e masiva na cea da véspera. Non sei se este condimento forma parte diso que agora se chama a dieta mediterránea, moi boa para o corazón, polo que se di, pero fatal para a cousa gástrica. O caso é que desde entón percibo o seu cheiro ata nas rúas, o cal, por  outra parte, me aforra traballo e preguntas á hora de buscar un restaurante.

En cuestións de cociña, a pesar do allo, os cataláns son inventores dunha miudeza magnífica: o pan con tomate. Non coñezo a ninguén que renegue desta marabilla humilde, tan natural e simple que parece froito saído dunha árbore ou dunha planta. Sempre fago o propósito de implantalo na casa, pero nunca persevero.

Observo que están de moda os restaurantes de comer todo o que se queira polo mesmo prezo. O xoves pola noite estivemos un grupo de amigos nun deses sitios. En termos económicos non son recomendables para xentes de pouca ración, como é o meu caso, pero teñen a vantaxe de que un pode observar a máis de cen persoas como se fosen actores practicando o exceso. Cerca de min había un tipo de corenta quilos que parecía un león esmirriado. Non sei como non teñen un servizo de ambulancias posto na porta.

Esta columna publicouse orixinalmente o 28 de setembro de 1996

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario