La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Conferencia

A conferencia que dei o xoves na Fundación La Caixa, en Barcelona, era de pago. Quero dicir que o público tiña que pagar trescentas pesetas* para escoitala. Cando me dixeron isto por teléfono, unha semana antes, quedei bastante sorprendido, incluso algo perplexo, a pesar de que hai anos, en Canadá, xa coñecera esa mesma experiencia. A sorpresa viña, máis que nada, de que fose unha fundación a que recorrese a ese tipo de métodos e tamén porque eu supuña que cobrar a entrada a unha conferencia debía de ser unha medida disuasiva.

A resposta que me deron ía exactamente na dirección contraria, é dicir, a demostrarme que chegaran á conclusión de que cobrar contribuía a animar á xente a asistir. O que se paga ten sempre máis valor. Nestas situacións, eu teño a tendencia, quizais excesivamente confiada, a respectar a opinión dos expertos, ademais de que no argumento que me … Seguir leyendo

Ler a Borges

Cando Adolfo Suárez era presidente do Goberno, nunha viaxe oficial que fixo á Arxentina, un periodista local, maliciosamente inspirado por un colega madrileño que coñecía ben o político español, preguntoulle se lera a Jorge Luís Borges, a gloria literaria do país. Naturalmente, a resposta foi o que se podía esperar: dixo que si. Non era outra cousa que a introdución necesaria para deixar ao interpelado en ridículo cunha segunda pregunta, esta dirixida a que explicase cal dos libros do escritor lle gustara máis.

Sen dubidar un segundo, Suárez contestou: “Todos”. O incitador da trampa fartouse de contar a historia nas tertulias de Madrid, glosando con palabras escandalizadas o que el chamaba un  papelón. Pouco despois quixo repetir a sorte en Bogotá con García Márquez, pero saíulle mal. A xente lista aprende rápido e ben.

Acabo de escoitar na radio ao citado periodista falando de Adolfo Suárez nuns termos eloxiosos que … Seguir leyendo

Pepe Hierro

O xoves pola noite, nada máis chegar de San Sebastián, souben a través da televisión dos problemas de saúde de Pepe Hierro, internado nunha clínica de Cartaxena en estado grave. Eu pensaba velo en México a fins deste mes, durante os encontros literarios que se van celebrar na cidade de Guadalajara, onde estaba programada unha homenaxe á súa persoa. A última vez que o vin foi en Madrid, hai seis meses. Subimos xuntos as escaleiras do Palacio Real, el collido do meu brazo, para asistir á recepción que o Rei lle dá aos escritores con motivo do Día do Libro. Tardamos unha eternidade en chegar ao piso principal, pois cada poucos banzos, o poeta tiña que parar a coller aire. Non deixou de facer bromas sobre o seu estado.

Nun dos descansos, Hierro confesoume un pecado grave: que a pesar de todo, co enfisema que lle paralizaba os pulmóns bourándolle … Seguir leyendo

Un rapaz dilixente

O outro día, mentres esperaba a hora de embarcar no avión que me ía levar de Baltimore a Nova York, entrei nunha das cafeterías do aeroporto para tomar un café. Atendeume un rapaz negro duns vinte anos, de andar torpe. Pola maneira de falar e pola inocencia alegre e limpa da mirada que me dirixiu, decateime de que sufría algún tipo de atraso mental. Fixo o seu traballo  con dilixencia, esaxerando un pouco, iso si, o acto simple de limpar a mesa, que me pareceu formaba parte do seu orgullo profesional. Deixouna como unha patena.

Despois de servirme, quedou parado un momento diante de min, sen dicir nada, mirándome fixamente con ese mesmo sorriso que me dedicara ao principio, e preguntoume cantos anos tiña eu. Cando lle respondín, contoume que el ía cumprir vinte e que súa nai xa pasaba dos sesenta. Sen máis, marchou atender outra mesa.

O primeiro … Seguir leyendo

Xerusalén

Para achegarse ao Muro das Lamentacións, en Xerusalén, hai que levar kipa, é dicir, esa especie de solideo que os xudeus practicantes poñen no cocote. De maneira que, cubertos con ese adminículo, alá nos fumos un grupo de amigos a mesturarnos cos xudeus ortodoxos, todos vestidos de negro, que naquel momento facían as súas oracións. Un destes últimos, vello de barbas brancas con aspecto venerable, foinos collendo un por un para darnos a bendición mentres cantaba impoñéndonos a man sobre a fronte. Pareceume un detalle simpático, incluso algo emotivo. Eu non sabía que o home facía aquilo a cambio duns dólares, que cobrou feliz.

Polo demais, a Xerusalén histórica é unha cidade moi fermosa, aínda que os lugares relacionados coa vida de Xesús resultan un pouco decepcionantes, o mesmo o Monte das Oliveiras que o Horto de Xetsemaní. O máis atractivo, polo menos para min, é a convivencia que se … Seguir leyendo