Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Profesións difíciles

31 de agosto de 2014 a las 0:30

Onte estiven de mirón, vendo o barco turco ese que está embarrancado aquí preto, na baía de Baiona. Naturalmente, non estaba só; había centos de persoas facendo o mesmo ca min, moitas delas con opinións moi rotundas sobre como se debía solucionar o problema. Un señor de Madrid, por exemplo, era do parecer de que ao capitán había que metelo no cárcere, por incompetente e irresponsable. Un mozo alto de voz delgada dixo en cambio que o importante sería saber con certeza que clase de carga levaba o barco.

Á parte destas opinións de carácter político, había outras de tipo técnico. En xeral, todo o mundo sabía como se debía proceder, aínda que non todos estaban de acordo nos plans. Non obstante, a unanimidade era grande á hora de considerar que a solución non parecía difícil, en contraste coa lentitude con que actuaban os expertos.

Loxicamente, se as cousas eran tan fáciles, pensei eu, as complicacións aparentes que todos estabamos vendo tiñan que proceder ou de incompetencia ou de mala fe. Como se alguén me estivese lendo o que pensaba, así se dixo en voz alta, con matices e explicacións diferentes, por suposto. Cando marchaba para a casa, fun pensando en que hai profesións que deben ser heroicas. Unha delas a de seleccionador nacional de fútbol, por exemplo. Tamén a de presidente do goberno. E, polo que se ve, quizais a de capitán de barco.

Esta columna publicouse orixinalmente o 31 de agosto de 1994.

Marxe
Escrito por amarxedotempo 1 Comentario
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Una respuesta a “Profesións difíciles”

Play Store
septiembre 19th, 2016 a las 21:23

Existen profesores difíciles, habría que ver sus vivencias y experiencias de porqué son así actualmente. Sin embargo, cada uno puede sacar algo de aprendizaje con ellos

[Reply]

 

Deja tu comentario