La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Millóns de mortos

Despois de todo canto se leva escrito sobre a Unión Soviética, non pareceu posible que se poida sorprender xa ninguén co relato do que significou o stalisnismo en termos de miseria moral e dor humana. Non obstante, un informe universitario, elaborado recentemente por investigadores rusos e españois, acaba de poñer en números redondos a barbarie levada a cabo polo ditador comunista contra o seu propio pobo. O citado informe asegura que Stalin foi responsable da morte de 56 millóns de persoas. É unha cifra asombrosa, máis propia dun cataclismo provocado pola natureza que do fanatismo e a crueldade dun político e os cómplices que o axudaron.

Hai quen está disposto a aceptar estes terremotos históricos como hecatombes necesarias. Un dos argumentos que utilizan os defensores desta tese é que a nosa sensibilidade se mostra moi receptiva para os mortos recentes, como sería o caso das vítimas do stalinismo, pero que … Seguir leyendo

Mundos

Despois do artigo de onte, recordando o querido amigo José Ángel Valente, volvo ao tema do tren. Hoxe quero falar do apetito dos escritores, que nas recepcións oficiais asaltaban as mesas como se fosen unha pandilla de famentos. Algúns amigos faciamos con frecuencia bromas ao respecto ata que un escritor armenio nos dixo con toda a delicadeza do mundo que a metade da xente que viaxaba no expreso, procedente dos países do Leste, non estaba afeita a aquela clase de luxos. Quedamos todos bastante cortados, mesmo avergonzados.

Posteriormente, un novelista ruso, que daba tamén clases na universidade, confesoume que coas dietas en dólares que recibiamos a diario para os nosos gastos podía vivir el no seu país durante dous anos. Esa era a razón de que nunca tomase unha copa nos bares dos hoteis, nin fose aos restaurantes.

De xeito que no tren había dous mundos, o cal resultaba humillante … Seguir leyendo

Cousas prácticas

En relación cos inventores dos que falaba onte aquí, citei un señor que tiña patentado un artiluxio para pasar as follas dos libros sen usar as mans. Segundo me contou un fillo del, anos despois, o aparato funcionaba. Cando chegaba o inverno e o pai apañaba a gripe, metíase na cama ben acochadiño entre as mantas, colocaba á altura da cabeza unha especie de atril que arrincaba dunha das paredes do cuarto, suspendido por un brazo articulado, e púñase a ler. Ao acabar a folla, o mecanismo pasaba a páxina.

Este mesmo señor andou anos investigando nun cepillo de dentes automático, que non conseguiu resolver. Tamén pretendeu facer algo para evitar que as candeas das igrexas ardesen tan de présa e chegou a fabricar o prototipo dun abridor de latas eléctrico. Cando morreu, traballaba nun parachoques automático.

Non todos os inventores se contentan, non obstante, con estes enxeños de tipo … Seguir leyendo

Unha nova catequese

Teño a súa foto diante de min. É unha rapaza alta e guapa, de pelo loiro e ollos claros, vestida con blusa azul, rebeca mariña de colores e un pantalón curto que lle permite lucir unhas pernas longas e fermosas, máis fermosas agora que xa están lixeiramente escurecidas polo sol do verán. Se non fose porque na parte alta da blusa, saíndo de debaixo dela, leva unha prenda que remata abrazando o seu pescozo cun colo alto e redondo e cunha pequena fronte de plástico, ninguén diría que esta muller é cura.

Acaba de chegar á cidade, onde se vai encargar durante o verán dunha coñecida parroquia que hai na praia de Tylösand. Onte mesmo deu unha conferencia sobre un tema sen demasiado interese e conseguiu que a sala estivese abarrotada de xente.

Esta rapaza fíxose famosa en Suecia non por ser cura nin por ser guapa, cousas ambas que … Seguir leyendo

A aldea

Un amigo meu, que estivo de visita na casa hai un par de días, díxome que el sería incapaz de vivir no campo por culpa das moscas. Chamoume a atención o argumento e respondinlle que hoxe en día, sen vacas nin porcos, ese problema non é diferente do que sucede nas cidades, onde hai tamén moscas. Como non estaba de acordo, aseguroume que as da aldea eran máis gordas e que picaban máis e que resultaban moito máis perigosas porque andaban sempre entre restos de animais mortos e augas contaminadas.

O que entendín que quería dicir, non era tanto usar un dato obxectivo, como buscar argumentos a favor das súas preferencias. Das persoas que coñecín con máis aversión contra o mundo rural, o número un foi un parente meu que sostiña a teoría de que, no campo, había cobras dentro das casas. Dicíao con tanta convicción que eu, de neno, … Seguir leyendo