La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Unha biografía

Un veciño da miña vila quere que lle escriba a biografía do seu pai, un home do que teño falado aquí algunhas veces. Parece que pretende darlle unha sorpresa, agora que vai cumprir non sei cantos anos, pero a verdade é que me vai ser moi difícil compracelo, porque eu non sei a vida deste señor. Con todo, quedou en enviarme os datos, é dicir, os nomes dalgúns antepasados, as datas de nacemento, quizais algúns recordos doutra xente. Cando teña ese material no meu poder, verei se podo redactar uns folios que lle sirvan.

O que eu podería contar deste meu veciño non é moito. Agora acórdome, por exemplo, que cando os rapaces estabamos xogando ao fútbol na estrada de Madrid, pola que transitaba un camión só de cando en vez, este home facíanos rabiar, pois sempre que pasaba por alí, dáballe un punteirazo á pelota para mandala ás quimbambas.… Seguir leyendo

Lembranzas dun político

Alá polos anos setenta, na Praza Maior da cidade sueca de Halmstad, onde teño pasado case todos os veráns desde os comezos daquela década, asistín un día a un mitin político de Gösta Bohman, un dirixente conservador duro, intelixente, irónico e sarcástico. Subido no alto da cadeira dunha terraza próxima, falaba, micrófono en man, para dúas ducias de persoas, eu entre elas. Vestía camisa a cadros de traballador, pantalóns vaqueiros e sandalias, unha indumentaria que contrastaba cos seus portes suaves e distinguidos.

Unha parte do seu discurso foi destinada a combater a Olof Palme, o primeiro ministro socialista, un home querido e popular, a quen probablemente votaría a maior parte da xente que naqueles momentos paseaba pola praza sen facer caso do líder da dereita. No rostro deste había un xesto como de escepticismo e resignación.

Ao rematar a súa intervención, Bohman baixou da cadeira, deulle un bico a unha … Seguir leyendo

Explicación

Parece ser que o pasado día 6 de xuño, segundo leo no New Yorker, o avión presidencial norteamericano, coñecido como Air Force One, desapareceu das pantallas de radar cando sobrevoaba o estado de Nova Jersey. A noticia publicouse nun importante periódico nacional ao día seguinte e nela recordábase que era a segunda vez que sucedía este percance durante a primeira metade do ano. A palabra elixida para dar conta do efecto producido nas pantallas, nas que o sinal do avión se foi difuminando pouco a pouco, como un fantasma, era “misteriosamente”. Como veremos, esta palabra ten un significado especial en América.

Segundo relata Edward Jay Epstein, cando un avión desaparece dos radares misteriosamente, na cultura televisiva do seu país quere dicir que iso se debe sempre a un proceso de abdución por parte de alieníxenas. O que fan estes entón consiste en substituír os pasaxeiros do avión por réplicas … Seguir leyendo

O can e o gato

Nestes días de vacacións, como hai pouco que facer, un perde o tempo de calquera maneira, que é unha forma sensata de vivir. Onte pola mañá, por exemplo, pasei bastante tempo observando o can e o gato, que, tal como establece o tópico, non se entenden nada ben. Polos anos que conta, o gato empeza a ser señor e xa non ten moitas ganas de broma, de maneira que o del consiste en deitarse comodamente nunha das cadeiras que hai fóra da casa, botar unha sonatiña e que o deixen en paz ata a hora de comer.

Ao can, en cambio, como aínda é novo, gústalle xogar e aproveita calquera ocasión para montar pequenas troulas, sempre inocentes. Abóndalle coller un pau e achegarse a un para que llo quite, que llo tire lonxe e volver empezar. Cunha diversión tan parva non consegue case nunca colaboración humana. Entón acode ao gato.… Seguir leyendo

As cinsas de Abraham

Nunha revista americana leo a noticia de que unha señora garda na súa casa as cinsas de Abraham, que lle comprou a uns italianos nunha cifra millonaria. Supoño que os vendedores deberon ser os mesmos individuos que alá polos anos sesenta lle colocaron a vara de Moisés a un cliente, tamén nos Estados Unidos. Foi unha operación organizada pola Mafia siciliana, denunciada no seu día pola prensa, que descubriu un negocio de grandes dimensións montado arredor da inocencia, as reliquias e os milagres.

Daquela, sóubose que unha das fontes do tinglado eran as vendaxes que supostamente serviran para tapar os estigmas que laceraban os pés e as mans do famoso Padre Pío. A Mafia exportou entón miles de metros perfectamente manchados de sangue, pero non saída das veas do frade, senón dos pescozos dunhas galiñas.

Os mafiosos, que ao principio só fabricaban imaxes de santos, cando viron o que se … Seguir leyendo