Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Un golpe contra o tópico

15 de julio de 2012 a las 21:57

O rapaz de Lugo que se fixo famoso aquí en Suecia por lle bater a un árbitro, segue ocupando espazo nos periódicos e na televisión. Onte mesmo, nun telexornal, dedicáronlle bastante tempo. Entrevistaron o árbitro, que se mostrou magnánimo. Dixo que podería perdoar unhas labazadas, pero que lle custaba máis aceptar que cando estaba tirado no chan lle desen unha patada na cabeza; aínda así considera que o castigo é demasiado forte. O contrario do que dixo o fiscal, que esperaba unha condena maior.

Polo que respecta aos comentarios, son moitos os que botan man do tópico español, é dicir, do temperamento exaltado das xentes do sur. Aquí non se teñen noticias de que nunca un sueco, diante dun gol anulado, saltase ao campo para baterlle ao árbitro.

Menos mal que o home de Lugo, que estes días aparecía na prensa como o prototipo do home feroz, foi corrixindo pouco a pouco a imaxe nefasta dun individuo sen entrañas, duro e unha miga salvaxe. Primeiro fixo unhas declaracións recoñecendo a súa equivocación e pedindo desculpas. E para que non fosen soamente palabras, o martes, no momento en que o xuíz ditou a sentenza, caeu redondo ao chan sen sentido. Esa foi a foto que publicaron os periódicos. Un golpe definitivo contra o tópico.

Esta columna publicouse orixinalmente o 15 de xullo de 1993 .

No related posts.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario

ojd