Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es Tevagustar.es
La Voz de Galicia
Blogs de lavozdegalicia.es
Á marxe do tempo

Unha proposta

18 de abril de 2012 a las 0:01

O venres pola tarde, tal como estaba programado, participei nos actos do Salón do Libro. Falei do que me pediron, é dicir, de dúas das miñas novelas, Ilustrísima e Deus sentado nun sillón azul,e logo fomos cear co embaixador, Fernando Arias Salgado, a un restaurante do centro da cidade. A cea foi animada e longa e, despois, algúns aínda nos lanzamos á procura dalgún lugar tranquilo, dispostos a seguir ata que nos chegase a hora pouco cristiá de marchar para o hotel. Cada un divírtese como pode. Esta tarefa, non obstante, non resultou fácil nunha cidade como esta, tan estritamente regulamentada, algo morta e non demasiado nocturna.

O sábado dedicamos a mañá a pasear pola parte vella. O día estaba espléndido, co ceo azul, case sen nubes e unha temperatura suave, ideal para andar. A xente camiñaba máis de présa que outros días, quizais porque o comercio pecha ás doce e o tempo non dá para facer todo o que hai que facer. Como iso non ía con nós, tomamos a cousa con calma, igual que se fósemos auténticos pasmóns.

A iso da unha chegamos á praza da catedral, que está situada nun outeiro. O silencio que se percibe en toda a cidade, poboada por xentes pouco dadas a meter ruído, que falan en voz baixa e que parecen como asomadas ao interior de si mesmas, naquel lugar sagrado espésase aínda máis. Por iso non me chamou a atención que nunha vila onde non se ven pintadas nas paredes, fose aparecer unha xustamente naquel espazo, na fachada nobre dun edificio antigo. Estaba escrita en castelán e dicía: “¡Quememos el silencio!” Non me foi difícil imaxinar o autor, habitante invitado dun país con moitos berros. Esperemos que non prospere esa Inquisición.

Esta columna publicouse orixinalmente o 18 de abril de 1999.

No related posts.

Marxe
Escrito por amarxedotempo Comentar
Facebook Tuenti Twitter Google Buzz Meneame.net

Deja tu comentario