La Voz de Galicia
Ventana abierta a todo lo que «se cuece» por la Red
Seleccionar página

O galego, ¿entre as vinte linguas máis usadas en Twitter?

Coa chegada de outubro retomo este esquecido blog que estivo «pechado» por vacacións. E para reinauguralo inclúo un tema galego que versa sobre a propia lingua. Trátase dun test realizado por Web Ecology Project grazas a unha ferramenta que fai uso da tecnoloxía de Google (a través da linguaxe de programación Python). Nel tratouse de detectar a lingua coa que estaban escritos a maior parte dos comentarios de Twitter e, para logralo, utilizaron como base de estudo un millón das pequenas entradas deste servizo gratuíto de microblogging. Os resultados -que deben poñerse en corentena debido a que non foi posible definir o idioma de 76.623 mensaxes, é dicir, do 7,623% do total- son, cando menos, rechamantes:

twitter

Que o inglés sexa a lingua máis empregada nesta rede de microblogging non pode sorprender a ninguén pero hai outras conclusións que si chaman a atención. Así, o portugués sería a segunda lingua … Seguir leyendo