La Voz de Galicia
Ventana abierta a todo lo que «se cuece» por la Red
Seleccionar página

Coa chegada de outubro retomo este esquecido blog que estivo «pechado» por vacacións. E para reinauguralo inclúo un tema galego que versa sobre a propia lingua. Trátase dun test realizado por Web Ecology Project grazas a unha ferramenta que fai uso da tecnoloxía de Google (a través da linguaxe de programación Python). Nel tratouse de detectar a lingua coa que estaban escritos a maior parte dos comentarios de Twitter e, para logralo, utilizaron como base de estudo un millón das pequenas entradas deste servizo gratuíto de microblogging. Os resultados -que deben poñerse en corentena debido a que non foi posible definir o idioma de 76.623 mensaxes, é dicir, do 7,623% do total- son, cando menos, rechamantes:

twitter

Que o inglés sexa a lingua máis empregada nesta rede de microblogging non pode sorprender a ninguén pero hai outras conclusións que si chaman a atención. Así, o portugués sería a segunda lingua con maior presenza en Twitter, o castelán situaríase en cuarta posición por detrás do xaponés e o galego entraría no grupo dos vinte idiomas máis utilizados (no test non aparece reflectida ningunha outra lingua autonómica española). Como segunda conclusión, e sempre segundo esta web, podería destacarse que unha de cada mil mensaxes se escribirían en galego
Aínda que, como xa dixen, habería que tomar o estudo con moitas reservas, o certo é que moitos galegos utilizan a lingua da Rosalía para escribir na Rede. Este estudo non faría mais que confirmalo.