Este blog recupera o dietario persoal que Carlos Casares escribiu para La Voz de Galicia, dende 1992 ata 2002, baixo o título de «Á marxe». Diariamente traeremos a este blogue unha destas «marxes», que coincidirá coa data do día de edición. Deste xeito, o lector terá oportunidade de seguir o pensamento e a particular visión do mundo do escritor ourensán. A «Biblioteca Carlos Casares» da editorial Galaxia recolle en varios tomos a maior parte deste dietario.