por amarxedotempo | Jun 20, 2015 | Marxe
Como dixen onte, estou en Trujillo, esta fermosa cidade cacereña, chea de cegoñas nos tellados, onde nos xuntamos uns vinte escritores, españois e portugueses, para falar das literaturas dos dous países, aínda que oficialmente o congreso se chama dunha forma máis solemne: “Portugal y España, dos literaturas ante el próximo milenio”. En realidade, do que se trata é de falar, discutir e pasar o tempo discorrendo un pouco sobre un tema que nos interesa a todos os que viñemos ata aquí, invitados pola Fundación Santa María. Este tipo de xuntanzas serven para coñecerse, convivir e reflexionar en voz alta, sen máis.
Por suposto que non vou falar aquí das nosas discusións, pero non renuncio a citar un par de ideas que apareceron no debate e que me resultaron atractivas. Unha delas defendeuna o filósofo Reyes Mate: o característico do ser humano non é posuír a verdade, senón buscala. Como todas … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jun 19, 2015 | Marxe
Este amigo dentista de quen veño falando estes días tiña unha longa e vella enemistade coas señoritas de teléfonos, unhas mulleres maiores e solteiras que non eran precisamente simpáticas. Como os teléfonos estaban directamente conectados coas central da vila, a onde había que chamar por medio dunha manivela para solicitar o número do abonado co cal se quería falar, resultaba inevitable pasar pola aduana, noon sempre grata, daquelas boas mulleres. Digamos en disculpa delas que o traballo que realizaban debía ser pesado e pouco propicio para cultivar sorrisos.
No meu amigo concurrían ademais unha serie de circunstancias que o convertían automaticamente en persoa pouco querida para aquelas señoritas, persoas pías, moi de misas, novenas e procesións. En primeiro lugar, a súa fama de descreído, que el se encargaba de cultivar dun xeito provocador e que dicía que herdara do profesor Negrín, de que fora alumno. Pero tamén a brillante ironía … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jun 18, 2015 | Marxe
Hoxe escribo desde Alemaña, nun tren que me leva de Frankfurt a Tréveris, onde vou pasar catro días para dar un par de conferencias. O vagón móvese máis da conta, a pesar da boa factura da técnica xermánica, e os dedos non sempre acertan coa tecla requirida. Polo demais, todo é cómodo, incluída a mesiña onde teño situado o ordenador. Ao meu lado, a xente le ou dorme. Algúns miran para min, convencidos talvez de que son un home ocupado, preparando quizais unha importante reunión de negocios.
O meu compañeiro de asento é un tipo de aspecto estraño. De entrada, leva unha trenza delgadiña, algo ridícula, máis propia dun rapaz novo que dun home de cincuenta anos, que é a idade aparente deste señor. Ten as mans e os dedos tatuados, pero por moito que miro de esguello, non consigo descifrar os debuxos.
Cando subín no tren, el xa estaba … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jun 17, 2015 | Marxe
O xoves pola noite, en Lille, convidáronnos ao teatro, coa presenza do alcalde da cidade, Pierre Mauroy, que foi primeiro ministro, como se recordará. Non se librou das bromas e das críticas dos actores do grupo Le Prato que nos fixeron rir, durante máis dunha hora, a gargalladas. Había tempo que non asistía a un espectáculo tan divertido e de tanta calidade. Despois das xornadas de París, onde se multiplicaron os actos, incluída unha lectura de textos en público, na que participamos cada un dos cento cinco viaxeiros do Expreso da Literatura, esta velada veunos moi ben a todos. Os alemáns dosifican con acerto.
O venres, é dicir, hoxe mesmo, a metade de expedición marcha a Bruxelas e a outra queda aquí. A min tocoume quedar un día máis, ata o sábado. O programa é moi atractivo. Pasaremos o día no Mont-Noir, o mesmo que inspirou algunhas das páxinas máis … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jun 16, 2015 | Marxe
Cando eu rematei os meus estudos, alá polos anos sesenta, obtiven unha praza como profesor interino nun instituto. Descubrín entón que os alumnos tiñan moitas dificultades coa lingua, tanto que nunha ocasión, un rapaz preguntoume que significaba a palabra “trofeo”. Outra vez tiven que explicar nunha clase de COU o significado de “taciturno”, que unha rapaza pensaba que tiña algo que ver cos homes que andaban en cuadrilla bebendo polos bares de noite. Logo xa me afixen a que as cousas eran así.
Ao principio saquei a conclusión, que logo non se confirmaría na realidade, de que aquel era un problema tipicamente hispano, relacionado coa penuria do sistema educativo de entón. Non tardaría en comprobar que en países con máis medios tiñan as mesmas carencias. Agora xa sei que se trata dunha especie de peste universal.
Onte mesmo estiven lendo nun periódico sueco unha reportaxe que falaba dos medios técnicos … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jun 15, 2015 | Marxe
De todos os artistas que coñecín, o máis natural de todos, o menos disposto a montar divagacións teóricas sobre a súa e obra e a dos demais, foi o escultor Antonio Faílde, que conservaba, cando xa era famoso, a estrutura mental do vello canteiro que fora nas altas terras de Piñor. Irritado pola competencia que lle facían algúns colegas de Ourense, autores de obras de pouco tamaño, un día, con motivo dunha exposición colectiva en Madrid dixo que os ía esmagar enviando unha peza de cinco mil quilos.
No extremo oposto desta simplicidade campesina están centos de artistas que teñen elaboradas complexas teorías estéticas sobre a arte contemporánea, incluída a propia obra. Un dos máis coñecidos hoxe no mundo é o pintor catalán Antoni Tàpies, que acaba de facer unhas declaracións moi categóricas e despectivas sobre o realismo, que descualificou como unha arte para novos ricos.
As declaracións do pintor … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jun 14, 2015 | Marxe
O venres, despois dunha cea, uns amigos acusáronme de deixar interrompida a historia do gato Samuel, de maneira que o último que sabían respecto del era que estaba feito unha calamidade, trasquilado e con pinta de tiñoso. Díxenlles que segue case igual, aínda que come con apetito, o cal debe significar que está ben de saúde, por máis que o aspecto sexa fatal. Aínda onte pola mañá, mentres eu lía un libro, sentado no porche, vino pasar. Deume a risa. Non o podo evitar, porque semella unha cousa rara, algo así como ver un señor pola rúa, vestido con chaqueta e gravata, camiñando cun paraugas na man, pero en calzóns.
Por certo que cando o vin e me deu a risa, ao pouco tempo estaba facendo o papel de tigre. Pensei que podía ter detectado un rato, un paxaro ou calquera presa natural, esas que o levan a poñerse en … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jun 13, 2015 | Marxe
Onte pola mañá, despois de cumprir co meu deber como cidadán europeo, fun ler os periódicos a unha terraza, fronte o mar. O día era espléndido e deseguida empezou a aparecer xente con cara de querer gozar do lecer azul do domingo. Uns, camiño da praia; outros, dirixíndose aos bares da zona; os máis vellos a pasear polo peirao, de tertulia ao pé das lanchas varadas. A iso da unha, chegaron os primeiros pescadores de liña, cos aparellos dispostos para levar unhas cabalas para a cea sen arriscar demasiado.
Antes de comer, viñeron tamén os meus para pasar o día fóra. Acompañábaos unha amiga alemá, a tradutora coa que traballei en Berlín hai menos dun ano, e que leva uns días na casa. Estivemos, xa que logo, moi de acordo co carácter europeo do día: eramos cinco persoas, pero soamente un nacido nesta parte do mapa.
Das eleccións falamos o … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jun 12, 2015 | Marxe
Hai un par de meses lin no New Yorker unha magnífica reportaxe de Paul Theroux sobre a raíña de Inglaterra e o seu home, o príncipe Filipe. Todo empezou un día en que o escritor, que acababa de chegar á súa casa de Nova York, atopou unha mensaxe gravada no contestador telefónico, na que alguén o convidaba a cear en Londres na noite seguinte. Theroux chamou de volta para escusarse, pero pronto cambiou de opinión ao saber que na cea, que se ía celebrar nun domicilio privado, estaría a parella real.
A raíña parece que estivo simpática, falando con graza, incluso con certa imprudencia calculada, dunha viaxe que fixera a un país pobre, non recordo cal. Mesmo se permitiu algún comentario maligno sobre algúns aspectos da organización, especialmente cando un atolondrado se abalanzou sobre o coche oficial.
Mentres tanto, o príncipe Filipe estaba aburrido, sen disimular o desgusto que lle … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Jun 11, 2015 | Marxe
Hai séculos roubaban, mataban e violaban, pero hoxe os daneses son xente agradable e pacífica, altamente civilizada. Viven nun país que parece un xardín de cromo, plano como o deserto, cunha soa altura de nome cómico que visitan todos os escolares nas excursións de fin de curso. Están rodeados por un mar de cor gris, ás veces incluso chocolate, que se mete entre illas, illotes, penedos e rochas, pero que no verán chega a ser deliciosamente azul. Os daneses aman a independencia, contan as coroas unha a unha e beben a súa riquísima cervexa en cantidades moi pouco moderadas.
Estes días andan nos periódicos porque un chisquiño máis que a metade votaron que non no referendo en contra dunha maior integración en Europa. Podían andar por outras razóns. Por exemplo por seren a sede do castelo de Hamlet ou porque o rei anterior apareceu un día retratado publicamente en bañador … Seguir leyendo