por amarxedotempo | Dic 7, 2015 | Marxe
Hai un momento, mentres pensaba de que ía escribir, escoitei na televisión, que estaba acendida sen que ninguén se preocupase dela, a un señor moi aparente, de voz engolada e campanuda, que me obrigou a prestarlle atención ao que dicía. Comentando un cadro de Dalí, dixo que un coche que se vía na parte inferior do lenzo representaba un símbolo fálico. O sorprendente non era a bobada en si, senón a seguridade con que estaba dita, sen a menor dúbida, como se o crítico, ou o que fose, se sentise orgulloso de iluminar a audiencia cunha xenialidade. Eu sentinme igual que se alguén entrase na miña casa sen permiso, e pola forza, e me ameazase cunha pistola ao grito de ¡Mans arriba! En boa lóxica, debíalle entregar simbolicamente a miña carteira.
Nese momento acordeime dun ilustre ensaísta, intelixente e brillante, a quen tiven a sorte de coñecer e polo cal … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 6, 2015 | Marxe
Onte falei aquí do frío que vai estes días en Suíza, con neve polo día e xeadas polas noites. Iso non impide saír á rúa, por máis que resulte difícil elixir ben a roupa que hai que poñer, capaz de defender o corpo cando se está ao aire libre e non afogar a un no momento de entrar nun café ou nun restaurante, coa calefacción botando lume. A min, as temperaturas baixas non é que me gusten especialmente, pero parécenme boas para estar falando cos amigos nalgún lugar tranquilo e quente. Reminiscencias, quizais, da época das lareiras.
Non se contan contos de lobos ou de aparecidos porque a xente xa non cre nin nos uns nin nos outros, pero fálase de outras cousas equivalentes, máis relacionadas co mundo de hoxe. En vez dos lobos, por exemplo, o medo está agora simbolizado pola violencia dos delincuentes, e os aparecidos cedéronlle o … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 6, 2015 | Marxe
Cando eu estudaba en Santiago había compañeiros que eran coñecidos por nomeadas sacadas dalgunha peculiaridade que amosaban á hora de falar. Recordo, por exemplo, a un rapaz de Lugo a quen todo o mundo lle chamaba “Nembar” (mesmo eu non sabería dicir agora o seu verdadeiro nome), porque tiña o costume de utilizar unha palabra que daquela resultaba completamente insólita: “nembargantes”. A un estudante de Valladolid que dicía moito “se fastidió la marrana”, chamábanlle “Marrano”.
Tardei un tempo en saber cal era o motivo de que a un tipo gris e triste, cun aire tétrico de patíbulo que producía angustia nada máis velo, do cal aseguraban algúns dos seus inimigos que era gafe, lle chamaban “Coe”. A cousa soábame a min a nome de americano, pero alguén me explicou un día que procedía de “coherencia”.
Esa era a proclamación que de si mesmo facía constantemente o citado individuo: presumía de … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 4, 2015 | Marxe
Onte estiven en Ourense para participar nas xornadas literarias que organiza cada ano o Liceo daquela cidade e nas que interviron tamén Fernando García Delgado e Manolo Rivas. Naturalmente, ademais da parte oficial, é dicir, os coloquios e as conferencias, unha parte substancial destes encontros consiste en falar no tempo libre que deixa o traballo, é dicir, nos entreactos e as comidas. Con frecuencia, é neses momentos cando se tratan os asuntos con máis soltura e libertade, sen cautelas nin formalismos.
A Manolo e a Fernando gústalles contar historias e ambos os dous saben moitas. Necesitaría un espazo do que non dispoño para narrar aquí unha mínima parte das que lles escoitei, desde a do neto indignado co seu avó, cando aínda estaba de corpo presente, ata a do portugués que atravesou a fronteira nunha moto.
Estes non son máis que os títulos. Gustoume moito a dun poeta galego que … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 3, 2015 | Marxe
A última vez que estiven no País Vasco puiden contemplar desde a beira da rúa, en Bilbao, unha manifestación radical das xentes que apoian a violencia. O que máis me impresionou non foi o altísimo número de asistentes, unha auténtica riada sen fin, senón dúas clases de persoas que abundaban na marcha. Por un lado, rapaces novos con pendentes, pelo en forma de cresta de galo e outros aditamentos dese estilo. Por outro lado, velliñas enrugadas, con aspecto de saír da misa de alba, ás que non lles faltaba máis que o rosario na man.
Tanto uns como outros, punkis e presuntas beatas, coreaban a peito inflado todas as enormidades que lles ían marcando polos altofalantes os seus dirixentes. Teño especialmente gravada na cabeza a imaxe dunha señora de moitos anos, rostro nobre e aspecto apacible, a quen vin cruzando a ponte que pasa diante do Teatro Arriaga berrando cousas … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 2, 2015 | Marxe
Nas crónicas da viaxe recente a Israel, que fun narrando aquí hai uns días, non contei que un día, cando nos dirixiamos en autobús ao Monte das Oliveiras, que é como un outeiro grande situado ao leste da cidade de Xerusalén, o guía díxonos polo altavoz a seguinte frase: “Teñan coidado cos nenos que venden”. De xeito case automático, unha señora que ía ao meu lado pegou un brinco de indignación e de sorpresa e comentou irritada: “Pero, ¿venden nenos aquí?” Era a mala interpretación dunha frase na cal o pronome “que” era suxeito do verbo e non complemento. Dito doutro xeito: eran os nenos os que vendían cousas e non eles os que eran vendidos.
A pregunta da señora, non obstante, non tiña nada de absurda. Nenos véndense practicamente en todo o mundo, incluído o noso país. O outro día lin a noticia dunha señora que pretendía vender un … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Dic 1, 2015 | Marxe
En Beiro, unha aldea próxima a Ourense onde pasei moitos veráns da miña infancia, eu sempre quería durmir nunha alcoba que se chamaba o cuarto do limoeiro. A cousa era porque había alí un refuxio contra os bandidos composto por un pequeno labirinto de pasadizos, portas, trampas e buracos para meter os canos das escopetas, que axudaban a soñar esas situacións perigosas, cheas de riscos e actos heroicos, que tanto lles gustan aos nenos. Escuso dicir que durmir nalquel cuarto enorme parecíase moito a vivir unha aventura.
O malo é que no cuarto había tamén un detalle que non me gustaba: unha alfombra feita coa pel dun lobo, incluídos a cabeza, a boca e os dentes. Antes de durmir sempre rezaba unha avemaría polo animal, non tanto porque Deus lle perdoase as barbaridades que fixera, senón para que me deixase durmir en paz.
Onte mesmo, cando lin neste periódico a … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 30, 2015 | Marxe
Onte pola mañá, cando saía dun garaxe público de deixar o coche para ir traballar, cruceime cun home enfadadísimo, un dos homes máis enfadados que vin na miña vida. Máis que enfado propiamente dito, ou cabreo ou indignación, era rabia furiosa. Notábaselle na cara, que levaba acendida coa color vermella intensa dun pemento morrón, e na voz, que soaría a trono apocalíptico senón fose porque tiña tons de grilo, afrautada e un tanto avícola, como de pito. Falaba por teléfono móbil en plena rúa, baixo a chuvia que caía naquel momento e que o mollaba.
Aínda que a xente desmesuradamente indignada resulta sempre algo cómica, aquel señor, a pesar da voz, non parecía ridículo. Supoño que esta apreciación miña tivo que ver coas palabras que estaba pronunciando, pois non xuraba nin dicía interxeccións, senón que repetía unha e outra vez que fora enganado, que lle mentiran, que aquilo que estaba … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 29, 2015 | Marxe
Había na tertulia de Vicente Risco, no Ourense de hai preto de corenta anos, un señor que gozaba do privilexio de ter televisión na casa. Con frecuencia traía noticias ao café de cousas que o impresionaban, especialmente as que se referían aos alardes de destreza dos equilibristas ou saltimbanquis, que daquela participaban con grande éxito nun bo número de programas. Un día chegou enfurruñado porque un destes artistas, que entón actuaban sempre en directo, cometera un alto número de chapuzas imperdoables.
El, polo menos, non llas perdoaba, para o cal se valía dun argumento que empregaba constantemente nas súas críticas, fosen do tipo que fosen. Dicía que quen asumía o risco de actuar en público para os demais, aínda que se tratase dun simple bufón, debía comportarse, tanto por orgullo como por dignidade, de xeito profesional.
Ignoro que pensaría aquel home tan estrito se vise, como vin eu onte na … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Nov 28, 2015 | Marxe
Creo que xa teño expresado aquí noutras ocasións a miña simpatía humana por eses curas de aldea que había antes, grandes comellóns e xogadores de cartas, bos cazadores, que non andaban sobrados nin de latín nin de teoloxías, pero que en xeral eran boas persoas. Educados no seminario para comprender sutís conceptos relacionados coa substancia ou a transubstancia, ao final debían predicar para xentes que non entendían máis aló dos contos sinxelos que lles contaban sobre as vidas dos santos.
Nas miñas terras da Limia falábase de varios destes cregos, algúns dos cales se tiñan enfrontado a tiros cos atracadores. Eu mesmo coñecín un deles, a quen uns bárbaros lle machacaron a pedradas a placa do Sagrado Corazón que lucía na porta do patio e que llela obrigou a repoñer, apuntándolles cunha escopeta.
Nun lugar de Santander aparece agora un cura desfacendo a martelazos unha lápida bendicida polo bispo hai … Seguir leyendo