por amarxedotempo | Mar 8, 2016 | Marxe
Non recordo agora quen me contou nunha ocasión que aquel sabio ourensán, don Marcelo Macías, catedrático de literatura, arqueólogo e tradutor de Idacio, dicía que roubar libros non era pecado, pois equivalía a redimir cativos. Como don Marcelo debía ser unha autoridade en cuestións de moral, dada a súa condición de cura, supoño que podía ter razón. Téñase en conta ademais que o suposto estaba referido, polo que me parece recordar, ás substraccións realizadas nas bibliotecas particulares dalgúns amigos.
Grazas a esta doutrina, eu mesmo puiden botar algo de tranquilidade sobre a miña conciencia despois de sucumbir a algunha tentación irreprimible. Por ese mesmo motivo, unha vez que vin un ilustre escritor ourensán, xa morto, facendo un acto de decomiso nunha librería da cidade, non deixei de terlle a estima que sempre me merecera.
Onte mesmo, mentres me entretiña furgando entre os estantes dunha librería de Vigo, sorprendín a un … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Mar 7, 2016 | Marxe
Eses días de aí atrás, cando estiven en Nova York, os meus compañeiros de viaxe, nada máis pisar terra na cidade, botáronse ansiosamente a buscar por boticas e tendas a melatonina, esas píldoras que non sei ben para que serven, pero que toma todo o mundo. Eu nunca oíra falar de tal cousa, de maneira que me tiveron que explicar en que consistía, aínda que ninguén sabía demasiado. O caso é que onte, neste mesmo periódico, atopeime cunha reportaxe sobre o citado produto, que en España se vende con trampa.
A muller de Joan Perucho tomou as famosas pastillas para durmir, porque tiña o sono cambiado, e díxome que lle fixeran un efecto fenomenal. O curioso é que, cando volviamos, xa no aeroporto, queixouse de que estaba cansa e que prefería sentirse máis espabilada, a fin de ver a película. Recomendáronlle tamén melatonina.
Trátase dunha medicina para todo. A min … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Mar 6, 2016 | Marxe
Hai xa anos, un amigo meu asistía con tristeza e impotencia ao derrumbe dramático dun matrimonio por el moi querido. Tratábase de dous compañeiros que non se entendían e que pouco a pouco ían agrandando as pequenas áreas de convivencia diaria ata convertilas nos enormes penedos dunha relación imposible. Os reproches saltaban por calquera cousa, desde un simple ruído doméstico que medraba e medraba para acabar estoupando como unha bomba unsifrible no ouvido do home, ata un vestido alegre e coloreado, inocente, que se transformaba no símbolo da pouca gracia e o mal gusto dunha muller sen gusto.
Nas confidencias que o casado arreèntido lle facía a diario ao seu amigo, había unha que se repetía. Podía soportar algunhas cousas desagradables facendo un esforzo e pensando nos nenos, pero o que nunca cegaría a disimular, sen embargo, era a falta de hixiene, e o desinterés absoluto polas cousas da casa … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Mar 5, 2016 | Marxe
Neste mesmo periódico, nas páxinas de cultura, contaban onte que o meu admirado Josep Pla, segundo unhas cartas que se acaban de publicar, preparou un atentado contra o rei Afonso XIII alá polo ano 1924. Non digo que non, pero era o que lle faltaba a aquel vello gaiteiro. Nesa época, de todos os xeitos, andaba el moi preocupado por deslumbrar a Adi Enberg, a rapaza sueca que o trouxo tolo durante media vida. Non me estrañaría, xa que logo, que por esa razón se metese, sempre coa boca pequena, nalgunha aventura novelesca e disparatada, con tal de presentarse como un tipo duro diante daquela moza elegante, loira e cosmopolita.
O que si foi certo é outro suceso, tamén relacionado con Afonso XIII, cando o rei de España visitou Suecia uns anos despois. Pla estaba daquela en Estocolmo e era amigo dun dos tipos máis delirantes que ten dado o … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Mar 4, 2016 | Marxe
Ese guitarrista de melena lánguida e ollos duros que, parapetado detrás dos muros dunha granxa de Texas, nos Estados Unidos, asegura ser Xesucristo e que anda a tiros coa policía, máis que un toliño que desvaría, parece un golfo bastante avisado: cada noite dorme cunha muller distinta. O que resulta excesivo é que para resolver un asunto tan vulgar, o tal malabarista montase un follón desa natureza, con varios mortos de por medio, a chantaxe coa vida duns pobres meniños asustados e toda esa retórica necia de comunicados sen sentido.
Para embaucar a uns cantos infelices, chega con pouco: uns fermosos ollos penetrantes, catro ideas aloucadas e confusas, bastante cinismo e audacia sen límites. Con esas prendas non resulta difícil iniciar unha brillante carreira de senvergonza. Levántase púlpito de charlatán en calquera esquina, e a esperar que a miseria, a confusión e a desesperanza dos demais poña o resto. O … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Mar 3, 2016 | Marxe
Nunha ocasión, o escritor peruano Alfredo Bryce Echenique díxome que, despois de vivir tantos anos en Europa, entre España e Francia, xa lle sería case imposible adaptarse ao seu país de orixe. Como exemplo, contoume que nunha das viaxes que fixera a Lima para visitar a súa nai, ao parar o coche nun semáforo do centro da cidade, viuse sorprendido polos insultos dos condutores que ían detrás del, que lle chamaron “covarde” e “maricón”. Uns días máis tarde atopouse que, á saída dun restaurante, o automóbil que deixara estacionado diante da porta, previo pago a un mociño que se ofreceu a coidalo, non tiña rodas nin faros nin retrovisores.
Xa sei que Bryce ten fama de fantasioso e que algunhas destas cousas que narra hai que tomalas con precaución, pois está tan afeito a mesturar a vida coa literatura, que nunca se sabe onde se ergue o límite entre ambas … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Mar 2, 2016 | Marxe
Cando os membros da comisión de festas da miña vila percorrían os bares, as tendas e os comercios da localidade para recadar cartos, sempre batían coa negativa alporizada do Camilo Peláez, un comerciante do ramo de tecidos que se sentía ofendido só polo feito de que se atrevesen a pedirlle a súa contribución económica. En xeral botábaos a berros, case arrempuxándoos, sen aforrarlles sequera algúns insultos, como chamarlles vagos ou mangantes. Ano tras ano, repetíase a mesma historia, que xa formaba parte das vésperas.
Unha vez presenciei o espectáculo no interior do propio comercio, onde eu pasaba horas falando con aquel señor que tiña fama de malvado, pero que a min me resultaba divertido. No momento en que os estaba botando, dicía que el non pagaba porque non lle gustaban as festas e que ademais pensaba pasalas illado no monte.
Era a reacción dun home chinche e algo mancornado, pero … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Mar 1, 2016 | Marxe
Hai un par de anos, nunha viaxe a París, ceamos xuntos un grupo de amigos, case todos franceses, relacionados co mundo da literatura. Un dos comensais era un home alto, moi alto, elegante e alegre, actor de profesión e tradutor de Federico García Lorca. Durante a velada, que se prolongou ata moi tarde, a min non me saía da cabeza a idea de que aquel mozo, que eu sabía portador da morte no seu sangue, igual que o amigo que o acompañaba, estivese tan contento aínda sendo consciente do seu destino.
Foi una das persoas máis simpáticas da reunión, na que participou contando historias curiosas, coma a que lle sucedera un día en Hong Kong, cando un chinés pretendeu roubarlle un dente por culpa dun rito que tiña que cumprir, destinado a evitar a morte dunha filla a mans dun espírito que vivía no interior duns canos.
Non perdeu o … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Feb 29, 2016 | Marxe
O outro día, mentres tomaba café e esperaba por uns amigos, escoitei unha conversa. Nisto de escoitar o que falan os demais teño claro que, en circunstancias como a citada, a curiosidade benefíciase, sen necesidade de ser mal educado, da tendencia que hai no noso país a falar en voz tan alta que os secretos se converten en auténticas proclamas destinadas ao público circundante. Ou sexa, que non son indiscreto nin cotilla, aínda que isto último non sempre se pode considerar un defecto. Os que falaban eran tres mozos con aire intelectual, un deles con barba descoidada, como corresponde, chupa desastrada e zapatóns.
Era o que levaba a voz cantante. Tiña unha concepción do mundo. Primeiro falou de Internet, despois de Fukuyama e por último do feito de que hoxe non houbese un só filósofo no mundo capaz de dar unha explicación global do que vai pasar nos próximos anos. … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Feb 28, 2016 | Marxe
Un dos aspectos máis agradables destes días que pasei en Nova York foron as longas conversas que tiven con Joan Perucho, o escritor catalán, grande amigo de Cunqueiro. É un home sinxelo e inocente, que lles bota discursos aos camareiros, ás rapazas das librerías, ás azafatas, aos empregados de comercio… Son discursos literarios. Un día, por exemplo, mentres comiamos nun restaurante italiano, púxose a recitar, erguendo os brazos como un actor, versos da Divina comedia, diante do asombro da xente que escoitaba.
Perucho ten unha especie de imán para o misterio ou para o absurdo, que acoden a el como as moscas van ao mel. Unha noite, durante unha cea á cal asistían varias persoas, contou un episodio do que foi protagonista, con motivo dun acto solemne celebrado na igrexa dun mosteiro, no que tiña que dicir unhas palabras.
Cando estaba a punto de empezar a cerimonia, rompéuselle a … Seguir leyendo