por amarxedotempo | Sep 15, 2013 | Marxe
Había un mes que non lía a prensa, decisión que non partiu de ningunha vontade deliberada, senón que veu imposta de xeito natural polo cansazo e a desgana. Estas acometidas de vagancia lectora, que un non se atreve a fomentar para non contribuír a incrementar o número vergonzoso das moitas xentes que nunca abren un periódico, teñen en cambio algunhas vantaxes. Como sucede coas separacións entre namorados, se non son longas, avivecen o amor e converten o reencontro nunha festa.
Non recordaba ter lido os periódicos con tanto entusiasmo como agora. Mesmo acaba un por entender eses artigos cargados de doutrina, soberbiamente instalados na topografía celestial das abastraccións, que se non aportan moito á clarificación das ideas, teñen en cambio ás veces unha magnífica aparencia exterior, case honorable.
Nestes días de inocencia, tampouco desgusta ver nos periódicos as recomendacións dos moralistas, tan atentos aos movementos máis recónditos da alma humana. … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 14, 2013 | Marxe
Hoxe acordeime de Guillermo, un boliviano que tivera que escapar do seu país a pé, rumbo ao Chile anterior ao golpe militar. Ao pouco de chegar, os acontecementos obrigárono a buscar refuxio nunha embaixada estranxeira para acabar trasladándose a Europa, onde o coñecín eu. Era pequeño e anchote, con ese tórax desmesurado que se lles desenvolve ás xentes da súa terra para soportar as dificultades de vivir no alto. A bondade sobráballe e a humildade remataba xustiño na fronteira da elegancia e a dignidade.
Con el asistín a algunhas reunións de exiliados, un grupo de infelices que discutían cuestións tan peregrinas como se lles sería lícito mercar un auto ou non, tendo en conta que as súas familias carecían do máis elemental para seguir vivindo. Eran seres inocentes, collidos na treboada do golpe militar polo feito de berrar algo máis alto que outros ou por non saber dominar o medo … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 13, 2013 | Marxe
Como resultará fácil de imaxinar, aquí estamos en pleno furor televisivo cos problemas do presidente Clinton. A impresión que dá o asunto, sobre todo despois de que metesen en Internet o catálogo completo das súas golferías, é que a xente, polo menos en privado, fai bromas, igual que sucede cos políticos en Washington, segundo leo nos periódicos. Tanto protagonismo para o presidente vai impedir que se trate con máis atención o que lle sucede desde onte a unha importante señora, membro da Cámara de Representantes por Idaho, Helen Chenoweth, de sesenta anos de idade, coñecida polo seu carácter duro e combativo, azoute de Clinton.
Hai uns días dixo del con non pouca acritude e bastante agresividade que estaba dando “un sórdido espectáculo” e que “a conduta persoal e a integridade” son moi importantes. Estes días, durante a campaña electoral que se iniciou xa, valeuse dos pecados do presidente para machacar … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 12, 2013 | Marxe
Estiven vendo na televisión un señor que se dedica ao deseño, unha arte na que chegou a ser figura internacional. Empezou dicindo que xa cando era neno experimentaba un desacougo incómodo se os regalos que recibía non eran fermosos. Por ese motivo, unha vez rachou un cabalo de cartón que se parecía a unha cabra e noutra ocasión tirou pola ventá un camión que estaba mal pintado. Por razóns semellantes,sendo adolescente, un día negouse a compartir a mesa cunha invitada dos seus pais só porque era fea e ía mal vestida.
Seguindo coa mesma liña filosófica, o artista asegurou que unha das desgrazas da súa vida foi esa paixón pola beleza: pasou anos mercando obxectos inútiles, seducido pola graza de moitos deles, e saíndo con mulleres absolutamente insoportables, atrapado pola fermosura dunha cara, duns ollos ou dun corpo.
O curioso é que o citado individuo a min pareceume feísimo, aínda … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 11, 2013 | Marxe
No artigo de onte, dedicado a dar conta da morte do periodista inglés Jeffrey Bernard, comentaba eu aquí unha das últimas columnas que escribiu, na que narraba a historia dun rapaz borracho. Como se recordará, o mozo, descontrolado pola bebida, acabou tendo unha desgraza nos pantalóns, polo cal foi rapidamente a un comercio a mercar outra prenda coa intención de cambiarse canto antes. En vez de volver á festa, pois o seu corpo despedía un escándalo, meteuse no tren, foi ao lavabo e dispúxose a resolver o problema.
Tal como explicaba eu ao final do artigo, o rapazote, despois de adecentarse, tirou os pantalóns suxos pola ventá e abriu a bolsa coa intención de coller os limpos, acabados de mercar. A sorpresa e o susto deberon ser tremendos cando o pobre infeliz se decatou de que en vez de pantalóns lle deran, por confusión, un xersei.
Aí remata a historia, … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 10, 2013 | Marxe
Onte citei aquí a morte do capitán Piñel, un oficial da Garda Civil, de Xinzo, que morreu nun enfrontamento coas xentes do maquis perto de Ourense, alá polo final dos anos corenta. Era, como dixen, avó duns amigos meus. Anos despois, tiven a oportunidade de coñecer un dos homes que participaran naquel suceso, pero desde o outro lado, e que agora é tamén un bo amigo meu. Temos falado daquilo, máis por interese e curiosidade da miña parte que pola vontade del, que supoño prefire non recordalo.
A morte do capitán non foi escollida, quero dicir que se debeu ao azar dun encontro entre forzas enfrontadas e que houbo mortos nos dous lados. Se toda morte violenta resulta inxusta e inaceptable, a do capitán Piñel sempre me pareceu espantosa. Polo que sei, era un home bo. Digo isto porque moitas veces lle escoitei falar del a Conchita Cadórniga, boa amiga … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 9, 2013 | Marxe
Cando penso na xustiza, sempre me vén á cabeza unha imaxe reconfortante, na que aparecen aqueles dous senadores americanos, Thomas e McCarthy, que despois de mandar inxustamente ao cárcere a intelectuais e xentes de cine, para o cal contaron coa colaboración entusiasta de actores como Ronald Reagan e John Wayne, acabaron eles mesmos compartindo cela cos condenados. O primeiro, por falsificador e estafador; o segundo, igualmente por tramposo. As cousas, non obstante, non sempre acaban tan ben.
Por exemplo, para o novelista Dashiell Hammett, que foi dos que se viron envoltos naquela miseria e que pagou tamén cunha pena de privación de libertade. O autor de O falcón maltés preferiu ir a presidio antes que faltar á palabra que tiña empeñado. Foi un xesto fermoso, o máis importante quizais da súa vida.
Esta non foi exemplar. Hammett era un borracho e en cuestión de mulleres levou unha existencia bastante desastrosa, … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 9, 2013 | Marxe
Na viaxe literaria que fixen no verán, un día tocoume ler en Riga, nunha librería, un conto. O público, que seguía a lectura a través da tradución que lle repartiran, botou unha gargallada cando chegou o episodio no que un pescador da illa de Ons desaparece mar abaixo levado por un polbo xigante, un monstro que transporta o home izado nun dos tentáculos igual que se fose unha bandeira. Ao remate, unha señora díxome que sempre lle gustara a mestura entre humor e fantasía. “Porque o do polbo será fantasía, ¿non?”, preguntoume.
Naturalmente que era fantasía, pero onte mesmo pasou algo parecido aquí preto de onde vivo, cando unha veciña, a quen encargaran de ter conta dunha vaca, ao ver que esta trataba de fuxir, agarrouse ao rabo con tal determinación que, da mesma maneira que sucedera co mariñeiro, foi arrebatada polos aires, como se fose un pendón ou un … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 9, 2013 | Marxe
Como dixen onte aquí, o rei de Suecia quería ser granxeiro, o cal me recorda que un veciño da miña vila quería ser marqués. Era dentista, pero sempre tivo aquela pretensión de facerse cun título de nobreza. Incluso chegou a ter tarxetas cun marquesado inexistente, de nome antigo e sonoro. Eu fun amigo del e nunca conseguín saber se estaba tolo, como dicía todo o mundo, ou se soamente se trataba dun home raro e orixinal, unha miga extravagante. A min arrincoume unha moa e actuou con competencia e seriedade.
A xente non se portaba ben con el. Unha vez queimáronlle o sombreiro, el que era tan pulcro e elegante, cun puro habano: fixéronlle un buraco por detrás, do tamaño dunha moeda de cinco pesos. Presentou preito no xulgado, pero perdeu, pois o autor da broma era un bo rapaz, algo toleirón, sen mala fe, segundo a tese do fiscal.… Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 6, 2013 | Marxe
O venres pola tarde, de dúas a catro, dei a primeira clase. Foi unha experiencia curiosa estar falando alá arriba, cun bosque de rañaceos aos pés, fronte por fronte da mole elegante e mítica do Empire State, sobre literatura galega. Como se dá a circunstancia de que coñecín persoalmente a moitos dos escritores dos que tratei na lección, non puiden evitar que me pasasen algúns pensamentos pola cabeza. Por exemplo, imaxinei a don Vicente Risco refunfuñando polo baixo, se cando o coñecín, sendo eu un rapaz, puidese adiviñar que case corenta anos despois, aquel estudante que acudía á súa tertulia ía falar del nunha universidade de Nova York.
Os estudantes, moi ben. Son todos, eles e elas, graduados que preparan os seus doutoramentos. Das dúas horas que durou a clase, deixei os últimos minutos para facer aclaracións e contestar as súas preguntas. Botáronse en tromba. Consultaron as notas que estiveran … Seguir leyendo