por amarxedotempo | Oct 5, 2013 | Marxe
Pasei o día de onte en Santiago. Pola mañá estiven nun congreso na Facultade de Historia. Dito así parece unha cousa solemne, pero en realidade o que fixen foi contarlles aos congresistas, case todos estranxeiros, a miña experiencia da viaxe que fixen no Expreso da Literatura. Isto de falar para intelectuais non me gusta demasiado, porque os escritores non somos filósofos nin pensadores, senón xente que conta historias con maior ou menor fortuna, ou escribe poemas (no meu caso só na intimidade), pero que non sabe dos problemas máis que a xente normal.
Pola tarde fun amosarlle a cidade a Christiane Lange, da Literatur Werkstatt, de Berlín, que foi compañeira miña naquel xa famoso tren dos escritores. Alegroume o seu entusiasmo. Logo, cando ía facer unha foto no Toural, apareceu un vello amigo meu, fotógrafo profesional, que ao ver a cámara que eu levaba na man, unha vella Leica M3, … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Oct 4, 2013 | Marxe
Onte estiven comendo nun paladar, que son unha nova realidade, froito das reformas que se introduciron na economía cubana dos últimos seis meses. Existían xa antes, pero con carácter ilegal. Desde hai tempo, algunhas familias daban de comer a clientes nas casas por uns prezos módicos, para gañar un pouco de diñeiro. Agora, moitos destes paladares están legalizados con algunhas condicións: un número de mesas limitado, ausencia de empregados e prohibición de ofrecer marisco, por exemplo. Segundo me teñen contado, o éxito é moi grande.
Polo visto, hai de todo, especialmente no que respecta ás instalacións, xa que se trata de vivendas particulares, algunhas delas moi modestas, incluso pobres. O paladar no que comín estaba nun palacete colonial moi ben restaurado e de bo aspecto. O comedor, que é o propio da casa, tiña dúas mesas.
A comida, excelente e de tipo familiar, foi servida con moitísimo esmero e … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Oct 3, 2013 | Marxe
Onte tiña que dar unha conferencia no Hunter College, pero antes achegueime ata o Dia Center, un dos centros de arte contemporánea máis importantes do mundo, que ofrecía tres exposicións de tres artistas de primeira categoría: Joseph Beuys, Robert Irwin e Thomas Schütte. Tal como esperaba, a que máis me interesou foi a de Irwin, formada por uns vinte espazos cúbicos, a xeito de cuartos, construídos con paneis de gasa e iluminados por barras de neón de distintas colores. A atmosfera creada producía esa sensación física agradable que se sente nos espazos de Irwin, un escultor máis preocupado polas experiencias que polas ideas.
A exposición de Schütte, inzada de pequenos bonecos de madeira e modelos reducidos de escenarios, resultoume irónica e simpática. Xa lle vira cousas parecidas no Porto hai pouco aínda. Polo que respecta a Beuys, deixoume frío, como case sempre, sobre todo as esculturas realizadas en feltro e … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Oct 2, 2013 | Marxe
Recordo moi ben o día que escoitei por primeira vez o episodio do sacrificio de Abraham. Oínlllo a un cura pequeno e simpático que contaba con arte toda clase de historias. Estiven coa boca aberta, pendente do final, sentindo un odio profundo contra aquel pai que lle mentía ao seu fillo, que o obrigaba a cargar cun feixe de leña ata o alto do monte, onde, despois de atalo, o colocaba no altar do sacrificio e lle puña un coitelo no pescozo para degolalo. A voz do anxo dicíndolle que non matase o neno, xa non me serviu de nada.
Quero dicir que Abraham non forma parte dos personaxes que me inspiran simpatía. Sobre o famoso monte Moria, escenario deste coñecido episodio da Biblia, érguese hoxe un dos edificios máis fermosos de Xerusalén, a chamada Cúpula da Roca. Na esplanada que hai diante terá lugar o Xuízo Final, segundo os … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Oct 1, 2013 | Marxe
O mércores pola noite, un grupo de amigos que nos xuntamos con certa frecuencia fomos cear a un restaurante que está na parte baixa da cidade, nas inmediacións do porto. Como tantas veces, a conversa foi longa e variada, quizais unha miga transcendente de máis, pois empezamos falando dos límites da ciencia e acabamos falando de Deus, a conciencia e a morte. Por suposto que o pasamos ben, se temos en conta que os temas tratados conseguiron unirnos aos sete comensais nun mesmo interese, de xeito que a sobremesa se converteu nunha animada tertulia, na que non faltaron, como é lóxico, as discrepancias nin o humor, esa querida bendición. Este último nin sequera desapareceu nun momento dramático que vivimos.
Estabamos falando da morte, concretamente desas experiencias que contan algunhas persoas que pasaron por episodios de coma profundo ou paradas cardíacas e que describen, con rara unanimidade, unhas vivencias comúns, entre … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 30, 2013 | Marxe
Onte pola mañá, mentres tomaba o primeiro café do día, ao meu lado estaban dous señores falando entre eles. Non se parecían en nada. Un era delgado e nervioso, un pouco acelerado; o outro tiña aspecto de gordo bondadoso, pousón e tranquilo. A conversa levábaa o primeiro, que estaba irritado con alguén de quen dicía que o decepcionara para cen anos. Empezou chamándolle tramposo e senvergonza, falto de escrúpulos, miserable e aproveitado. Por último, como remate, dixo del que era simplemente un infame.
Chamoume a atención que os cualificativos fosen tan correctos e tan distantes desa maneira de falar mal dos demais que consiste en bombardearlles o nome con palabrotas e pecados. Só houbo un momento en que, quizais por falta de recursos lingüísticos, se referiu a el cunha palabra excrementosa, case infantil, en castelán.
Tiven eu un profesor que dicía que os insultos baseados en vocábulos malsoantes non aluden … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 29, 2013 | Marxe
Antes de saír para Nova York non sabía que me ía hospedar no mítico hotel Algonquin, na rúa 44, tan ligado á literatura norteamericana dos anos vinte. Algúns dos máis coñecidos escritores daquel tempo xuntábanse con frecuencia a comer na Oak Room, un salonciño que aínda se conserva, onde facían unha tertulia na que, ademais de ocuparse de cousas relacionadas co seu oficio, practicaban todos eses vicios inocentes que se practican neste tipo de reunións, é dicir, o enxeño, a malignidade, a graza e o cotilleo.
Ás reunións do Algonquin asistía Harold Ross, que aquí mesmo concibiu a idea de fundar o The New Yorker, esa pequena marabilla que segue saíndo á rúa desde hai máis de sesenta anos e que un pode atopar en cada un dos cuartos do hotel. Os americanos, que en Europa teñen fama de incultos, son tamén así.
Polos corredores deste vello hotel circulou … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 28, 2013 | Marxe
O outro día chamáronme dunha emisora de radio para preguntarme a miña opinión sobre esa moda lingüística que hai agora nos Estados Unidos e que consiste en non utilizar determinadas palabras que están consideradas como incorrectas ou ofensivas. Polo visto, segundo me informou a rapaza que me fixo a pregunta, non se debe dicir nunca “negro”, senón “alto en melanina”. Confeso que non coñecía ese dato concreto, aínda que sabía doutros parecidos; ningún tan pintoresco como este, non obstante.
Hai xa tempo que en Estados Unidos a un negro non se lle podía chamar negro, é dicir nigger, que se entendía como un insulto, senón que se lle chamaba black, un vocábulo máis neutro. Tampouco se estima aceptable dicirlle a alguén diante da súa cara que está “gordo”, debendo substituírse este termo por “forte”, por exemplo.
Todo isto forma parte de mecanismos vellos no uso das linguas. En … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 27, 2013 | Marxe
O día 18 de agosto pasado, pola mañá, nunha rúa do centro de Hollywood xuntouse un grupo bastante amplo de persoas para esperar a fin do mundo. Eran seguidores de Criswell, un individuo que fixo esa predición algún tempo antes de morrer, no ano 1982. Este señor adiviño foi moi popular nos Estados Unidos alá polas décadas dos sesenta e os setenta: dispuña dun programa de televisión con moita audiencia, ademais de que publicaba libros de éxito nos que se dedicaba a anticipar o futuro. Segundo as súas contas, un meteorito tiña que destruír Londres en 1988, a Fidel Castro ía matalo unha muller o día 9 de agosto de 1970, e a capital dos Estados Unidos pasaría do distrito de Columbia a unhas cavernas de Wichita, en Kansas.
Case todas as predicións, como ocorre xeralmente neste tipo de cousas, eran desgrazas, incluso o aumento da pena de morte para … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 26, 2013 | Marxe
Cando estiven en San Petersburgo, que daquela se chamaba Leningrado, fixen algunhas cousas que non me resulta doado esquecer. A primeira, subir polas escaleiras de Raskolnikov, o heroe de Crime e castigo, unha das máis célebres novelas de Dostoiesvki. A segunda, vivir no mesmo hotel onde se hospedara Isadora Duncan. E a terceira, contemplar a magnífica colección de cadros de Matisse que se garda no museo L’Ermitage. Son tres accións que poden encher por si mesmas o sentido dunha viaxe.
De Matisse, un pintor alegre e claro, que foxe de calquera dramatismo, xa vira bastantes pinturas en París e Estocolmo, especialmente ese cadro famoso no que se contempla unha muller vestida cunha deslumbrante blusa rumana, tan fermosa que é capaz de quedarnos impresa na retina durante anos. Pero nunca vira nada parecido ao cadro que representa a familia do pintor no ano 1912.
Era unha das xoias do museo … Seguir leyendo