por amarxedotempo | Oct 2, 2017 | Marxe
As persoas que non coñecen a afección aos trens eléctricos con frecuencia pensan que se trata dun xogo tonto, no que unha maquiniña en miniatura arrastra uns cantos vagóns por un circuíto redondo, arredor do cal dá voltas e máis voltas dun xeito monóntono e absurdo. É dicir, un entretemento para idiotas. Esa é a razón de que moitas veces algúns afeccionados oculten a súa condición e practiquen cos seus trens en faiados ou habitacións apartadas, mesmo como se se tratase dun vicio infamante e solitario.
Non obstante, os trens eléctricos son outra cousa, sobre todo para as persoas que deixaron moi atrás a infancia. Non me refiro só ás complicacións dun bo circuíto, onde funcionan os semáforos de forma automática e van e veñen varios trens ao mesmo tempo respectándose de xeito escrupuloso uns aos outros, sen chocar, perdéndose por túneles e atravesando vales, montañas e pontes.
Por riba … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Oct 1, 2017 | Marxe
Sempre que visitei o Metropolitan Museum of Art en Nova York foi para ver con calma a sección de arte exipcia. Lamentablemente, a parte que máis me interesa, a das esculturas, estaba pechada. Como estes días se celebra unha magnífica exposición sobre as orixes do impresionismo, dediqueille a esta máis tempo do que pensaba. Se digo a verdade, un dos cadros que esperaba ver con ilusión era Le Fifre de Édouard Manet, unha xoia que por diversas razóns nunca conseguira atopar en París. A última vez estaba prestado, como agora.
Non sei se é un bo cadro, aínda que me gusta. Tampouco sei se o que me atrae é a pintura ou a literatura que o rodea, é dicir, o feito de que fose refugada no seu día e a defensa emocionada que dela fixo o novelista Zola. Un ten debilidade polas cousas contadas e tampouco sabe se o mundo … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 30, 2017 | Marxe
Cando vou só no coche, adoito escoitar a radio. En xeral, gústanme os programas nos que fala a xente da rúa. Hai de todo, pero normalmente sempre se acaban escoitando cousas curiosas e interesantes, pois a vida das persoas case nunca é vulgar, a pesar das aparencias. Tampouco faltan os tolos nin os tipos disparatados, polos que sinto certa predilección involuntaria. Outras veces, teño a sospeita de que algúns dos comunicantes son provocadores. Supoño eu, porque nunha ocasión escoiteille dicir a un rapaz de dezaseis anos que tiña un lío coa súa avoa.
O outro día, falaban do amor. O tema non ofrece interese, porque os participantes, con frecuencia, ou caen nun lirismo cursi ou din simplezas que só eles consideran xeniais. Chamoume a atención, sen embargo, un rapaz que contou emocionado como un día pasou en avión, a miles de metros de altura, por riba da casa da rapaza … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 29, 2017 | Marxe
Contáronme onte que agora, ao chegar o mes de outubro, nos montes de por aquí arredor andan moitos rapaces á procura dun cogomelo determinado que lles serve para colocarse. Polo visto, a cousa empezou sendo minoritaria, pero ultimamente estendeuse tanto que os pioneiros están indignados, pois temen que a masificación acabe coa especie. Os efectos, segundo os meus informantes, dependen da cantidade que se coma, de maneira que hai xente que se bota a rir e outros que pasan horas vendo miles de gatos.
De dous irmáns que andaron metidos nesta confraría do disparate dixéronme que un deles se introduciu dentro dunha fotografía e que estivo falando animadamente cun can que aparecía no retrato. O outro colleu tanto frío, a pesar de que facía bastante calor na casa, que se puxo a ver a televisión, pero tapado con sete mantas.
Mentres non lles dea por loucuras maiores, menos mal. Hai … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 28, 2017 | Marxe
Confeso que me resulta moi difícil entender a fama de que goza Peter Singer e que me custa máis aínda aceptar que sexa un dos filósofos máis influentes dos nosos días. Paréceme ben que predique a favor dos animais e que se fixese vexetariano porque considera que os humanos non temos piedade dos nosos parentes biolóxicos, sexan estes os porcos e as vacas, os polos e as ovellas, ou os salmóns e as robalizas. Non entendo que diga, en cambio, que os pais estean lexitimados moralmente para matar un fillo enfermo crónico ou que non teña sentido, desde o punto de vista ético, prolongar artificialmente a vida dun vello, cando con eses cartos se podían salvar vidas de xente nova, incluso de nenos e mozos con futuro por diante.
Un dos argumentos de Singer, que non é nin un tolo nin un malvado, senón un profesor de ética que aspira … Seguir leyendo
por amarxedotempo | Sep 27, 2017 | Marxe
Volvo de Vigo coa primeira escuridade do día. Camiño da casa aínda me retumban na cabeza os berros da xente nunha cafetería onde botei máis de dúas horas falando cun amigo. Ao pasar por Coruxo, un pequeno atasco déixame atrancado durante uns minutos detrás da ábsida da igrexa. De dentro, por unha pequena ventá románica, sae unha leve luz amarela, testemuño probable de alguén que a estas horas fai un rezo solitario no interior do templo. Confeso que sentín unha plácida emoción.
Aínda hai xente que reza. Supoño que os que o fan neste tempo tan pouco propicio deben ser persoas de fe limpa e sincera, almas puras que cren en Deus dunha maneira natural, igual que cren que existe a China ou o Polo Norte, aínda que nunca estiveran alí. Imaxínoas rezando por min, empaquetado de forma anónima en calquera dos moitos grupos que estes seres benditos encomendan a … Seguir leyendo