O 31 de decembro pasado rematou o Ano das Letras Galegas 2017, dedicado a Carlos Casares, e hoxe damos cabo tamén a esta sección que durante cinco anos trouxo unha escolma das columnas aparecidas en La Voz de Galicia baixo a popular cabeceira de Á marxe. Non obstante, esta serie permanecerá dispoñible ao público neste mesmo sitio o tempo que LVG considere oportuno.
Agradecemos a todos os seguidores a súa atención e, por suposto, ao editor de La Voz de Galicia a cortesía e os medios postos á disposición da nosa Fundación para ofrecela aos lectores e ás lectoras de LVG.
Recordamoslle ás persoas interesadas nesta faceta da obra de Carlos Casares que desde o ano pasado dispoñen xa, na Biblioteca Carlos Casares da editorial Galaxia, da súa Obra Xornalística Completa, que recolle en dez tomos as columnas publicadas diariamente en LVG dende o 9 de xuño de 1992 ao 9 de marzo de 2002.
Moitas grazas.
A Fundación Carlos Casares.
Unha mágoa !.
e tanto, Paideleo.
2f408y