La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Un dobre espectáculo

Vexo na televisión un personaxe que máis que vestido vai disfrazado: sombreiro, bigote inmenso, pano de seda no pescozo, reloxo con leontina de ouro, camisa de colores, bastón con puño de prata… Todo perfectamente elixido e conxuntado, impecable. Á hora de falar, unha voz impostada de actor, supoño que nada natural, pero fermosa e agradable, traballada a conciencia para impresionar ou seducir. Os xestos na mesma dirección: nin unha man moveu sen saber o que facía na media hora longa que durou a entrevista.

Era tan divertido o espectáculo exterior que me esquecín de que había tamén un teatro interior, é dicir, a alma do entrevistado convertida para a ocasión nun conxunto sonoro de palabras. Unha frase obrigoume a prestar atención. Foi cando aquel señor dixo como se tal cousa que entre os seus defectos non figuraba a vaidade.

Recordoume a outro individuo que hai moi poucos días aínda afirmou … Seguir leyendo

Manada

Hai un par de anos, se mal non recordo, falei aquí dunha veciña que tiña moitísimos gatos brancos, como consecuencia de que por unha razón para min descoñecida, eran os únicos a quen os cans da casa non atacaban. A cousa chegou a ser tan rara que cando estes últimos se lanzaban contra os pobres bechos, os daquela cor nin sequera fuxían. Agora resulta que outro veciño é propietario tamén duns vinte gatos. Pero estes viven todos xuntos en amor e compañía e compórtanse exactamente igual como se fosen unha manada.

Iso quere dicir que están moi ben organizados. Por exemplo, á hora de comer, teñen normas moi estritas, que cumpren non sei por que raro mecanismo biolóxico: primeiro comen as femias e as criaturas; a continuación tócalle aos machos adultos; por último, vén o turno do xefe da banda, que ás veces se ten que conformar con arrabañar as … Seguir leyendo

Devoción e carraxe

Non recordo ben o ano, pero puido ser en 1963. Eu viaxara ata Madrid para asistir a unha reunión clandestina no despacho de Gregorio Peces-Barba, onde nos iamos xuntar un pequeño  grupo de estudantes de toda España que daquela estabamos empeñados en acabar co Sindicato Español Universitario. Para despistar a policía, infeliz de min, púxenme a dar voltas polo barrio, coa pretensión de que, se me viñan seguindo, podía convencelos de que andaba buscando o Café Gijón, alí cerca, lugar de encontro de escritores e artistas.

Nesas estaba, cando de pronto, pola ventá doutro café, o Teide, vin o rostro inconfundible do periodista César González-Ruano. Non sei por que, eu tíñalle tirria a aquel señor, quizais por identificalo coa cultura oficial de entón. Non digo que o mirase con odio, pero algo de furia debín poñer nos ollos. Por suposto, el nin se decatou.

Onte, en cambio, quedei feliz cando, … Seguir leyendo

Un rapaz inocente

Atopeime con el o outro día na rúa. Está gordiño, igual que cando era neno, e ten o mesmo rostro beatífico que tiña na infancia. É un inocente. Sabía todas as letras menos o “a”. Como este era o primeiro da serie no silabario, non conseguía arrancar, de maneira que debía esperar a que o mestre lle dixese como se chamaba aquela letra para proseguir logo coas demais. Entón xa podía dicilas de corrido: e, i, o, u… Para volver ao principio, necesitaba axuda de novo, que nunca lle negaban, pero que lle prestaban a berros.

Nos recreos arrimábase a unha parede, abría a boca, debuxaba un sorriso de anxo e miraba como xogaban os outros rapaces. Nunca o vin participar en nada, a non ser un día que, para completar o número que faltaba nunha disputa entre indios e vaqueiros, aceptou facer de cabalo dun destes. Chamábase Rayo de Seguir leyendo

Julio Gimeno

Probablemente o tipo máis pintoresco de todos cantos asistían á tertulia de Vicente Risco era o periodista Julio V. Gimeno, un humorista intelixente e amargado, de indudable talento, volteriano e gozador, moitas veces embarrancado en amores por correspondencia con mulleres absolutamente disparatadas. Nunca coñecín a ninguén máis propenso a poñerse en situacións absurdas como aquel home. Enfadouse comigo porque un día me neguei a axudalo a dar un golpe de estado na súa casa para adonarse de dúas habitacións, aproveitando unha viaxe da súa muller, coa que vivía hacía anos sen falarse.

Houbo unha época en que lle deu por dicir que tiña medo de que se lle aparecese a Virxe de Fátima, cando unha madrugada volvía da redacción do periódico para a súa casa. Andaba tan obsesionado con aquelo, que mesmo tiña pensado que o que lle ía contestar se, como temía, a Virxe lle pedía que rezase un … Seguir leyendo