La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Profesións difíciles

Onte estiven de mirón, vendo o barco turco ese que está embarrancado aquí preto, na baía de Baiona. Naturalmente, non estaba só; había centos de persoas facendo o mesmo ca min, moitas delas con opinións moi rotundas sobre como se debía solucionar o problema. Un señor de Madrid, por exemplo, era do parecer de que ao capitán había que metelo no cárcere, por incompetente e irresponsable. Un mozo alto de voz delgada dixo en cambio que o importante sería saber con certeza que clase de carga levaba o barco.

Á parte destas opinións de carácter político, había outras de tipo técnico. En xeral, todo o mundo sabía como se debía proceder, aínda que non todos estaban de acordo nos plans. Non obstante, a unanimidade era grande á hora de considerar que a solución non parecía difícil, en contraste coa lentitude con que actuaban os expertos.

Loxicamente, se as cousas eran … Seguir leyendo

Aniversario

Os afeccionados ao cine recordarán aquela escena dunha película de Fellini na que un home se quere suicidar na cociña da súa casa polo procedemento insólito de meter as mans na boca e desencaixar a mandíbula, como tratando de separar a pelo e pola forza a metade de abaixo da metade de arriba. Por suposto que se trata dun suicidio con dedicatoria, é dicir, desa clase que consiste en anuncialo en voz alta diante daqueles contra os cales se perpetra, a fin de que impidan que se leve a cabo. Dese mesmo tipo debeu ser o intento de suicidio de Jorge Luis Borges, o escritor arxentino nacido hai agora cen anos, de quen se celebra estes días o aniversario.

Polo visto, o escritor quíxose suicidar nun hotel de Madrid, alá polo ano 1982, nun momento de depresión. O procedemento elixido foi bastante raro: encher a bañeira de auga quente, case … Seguir leyendo

Arte

Antes de onte pola noite vin na televisión a un señor que traballa de obra de arte. Non é que sexa especialmente bonito (a min me pareceu máis ben feo), senón que exerce esa profesión. Polo que entendín, pertence a unha galería de Oviedo, aínda que non sei como será ese tipo de propiedade desde o punto de vista xurídico, pois ninguén pode ser dono dunha persoa polo mesmo procedemento que calquera ser humano exerce de propietario dunha galiña,dun can ou dun gato. No fondo, supoño que será unha cousa parecida aos futbolistas.

O caso é que a citada obra de arte foi reclamada para ser exhibida nunha galería de Estocolmo, o mesmo que se fose un Dalí ou un Picasso. O traslado fíxose seguindo a normativa legal, con coidadores, transporte especial e medidas de seguridade. Tamén cun certificado do Ministerio de Cultura no que dicía que a obra se … Seguir leyendo

Cousas que fascinan

Foi o verán no que lle ardeu a casa ao Patas Anchas, alá nos anos cincuenta. Aquela noite había comedia na praza, o espectáculo duns titiriteiros que traían algún animal artista, non recordo se unha cabra ou un can, pero que facían o número máis importante a base de colocarlle unha pedra enorme a un home no peito, onde lla partían despois a mazazos. Precisamente, cando empezara esta parte da función, cun forzudo descargando os golpes necesarios, alguén deu o berro de “Auga!” e alá fomos todos correndo cara á rúa da igrexa.

O lume saía naquel momento polas ventás e polo tellado dunha casa e aínda que se organizou rapidamente unha rolda de caldeiros desde a fonte, a trescentos metros do suceso, non se puido facer nada para evitar a desgraza. De maneira que en poucos minutos non quedaron máis que as paredes. Recordo moita xente chorando.

Pero non … Seguir leyendo

Sentirse orgullosos

Na residencia para escritores onde vivimos estes días, en Wannsee, cerca de Berlín, hai varios colegas alemáns de distintas idades, aínda que predominan os novos. Algúns levan aquí cinco meses, que é o tempo que dura a bolsa que lles conceden, e son xente discreta e pouco ruidosa. Metidos nos seus cuartos, pasan as horas escribindo, conscientes de que nun ambiente tan propicio e confortable como este, á beira dun lago e afastados do barullo da cidade, teñen tempo de abondo para rematar un libro.

Chama a atención o silencio que hai na casa. Mesmo un ten a sensación de ser o único morador que habita nela, se non fose porque algunhas veces coincidimos no corredor á hora do almorzo ou porque polas noites, antes de durmir, nalgúns dos salóns do piso baixo  organízanse tertulias, a verdade é que pouco concorridas.

Onte, despois de cear, estiven de conversa cun par … Seguir leyendo