La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

Un amigo

Onte, despois de pasar a mañá en Iria, no curso sobre a obra de Camilo José Cela, volvín para a casa en compañía de Pepe Esteban, que falou sobre os prólogos na obra do escritor. Despois de xantar, acendimos uns puros, tomamos un par de cafés e puxémonos a charlar á sombra do porche. A min gústame moito parolar con este amigo por moitas razóns. En primeiro lugar porque se trata dun home tranquilo, extraordinariamente cortés, do que se pode discrepar sen perder o sorriso e porque defende as súas ideas sen paixón, dándolle a importancia relativa que teñen estas cousas. Nada máis. E, non obstante, é persoa de principios.

Falamos moito dun común amigo, o novelista Alfredo Bryce Echenique. A relación deles os dous é novelesca, ás veces cómica. Nunca conseguín saber cal foi a verdade dun atraco que sufriron en Madrid. Segundo Alfredo, Pepe desmaiouse co medo; segundo … Seguir leyendo

Un golpe contra o tópico

O rapaz de Lugo que se fixo famoso aquí en Suecia por lle bater a un árbitro, segue ocupando espazo nos periódicos e na televisión. Onte mesmo, nun telexornal, dedicáronlle bastante tempo. Entrevistaron o árbitro, que se mostrou magnánimo. Dixo que podería perdoar unhas labazadas, pero que lle custaba máis aceptar que cando estaba tirado no chan lle desen unha patada na cabeza; aínda así considera que o castigo é demasiado forte. O contrario do que dixo o fiscal, que esperaba unha condena maior.

Polo que respecta aos comentarios, son moitos os que botan man do tópico español, é dicir, do temperamento exaltado das xentes do sur. Aquí non se teñen noticias de que nunca un sueco, diante dun gol anulado, saltase ao campo para baterlle ao árbitro.

Menos mal que o home de Lugo, que estes días aparecía na prensa como o prototipo do home feroz, foi corrixindo pouco … Seguir leyendo

Distancia e sinxeleza

Onte, antes de ir dar unha volta ata as Cíes, achegueime a Baiona para pasar un par de horas de tertulia con Gonzalo Torrente Ballester. Xa teño falado aquí outras veces da sinxeleza e a falta de solemnidade deste home, que algúns consideran distante e que os amigos que o coñecemos de cerca sabemos que non garda máis distancias que as que marcan a boa educación e a intelixencia, unha calidade que, cando é lúcida e serena, rara vez se deixa arrastrar polos entusiasmos, aínda que si polos afectos.

Digo todo isto a propósito dunha cousa que contou Fernanda, a muller do novelista, e que a min me recordou unha historia que xa teño narrado aquí. Refírome ao día que lle fixeron unha entrevista na televisión, mentres comía unha magdalena, e da fruición con que aproveitaba as migas que lle caían no micrófono.

O que contou Fernanda onte foi un … Seguir leyendo

Mirar para o ceo

Unha vez oínlle contar a un policía desde que fan escoltas de personaxes importantes que, para comunicarse cos compañeiros que ocupan posicións nas ventás e nos tellados das casas, se valen de sinais difíciles de detectar polo público; desa maneira evitan que a xente se poña a mirar cara ao punto onde están apostados. A precaución baséase na experiencia, pois abonda con que alguén se quede parado na rúa, cos ollos fixos en calquera lugar, preferentemente no alto, para que todo o mundo se deteña a facer o mesmo.

Ese era un xogo que practicabamos en Ourense algúns amigos, alá nos tempos en que aínda eramos rapaces. Puñámonos a observar as nubes desde a rúa do Paseo, finxindo que viamos algo que nos chamaba a atención, e aos poucos minutos tiñamos un grupo de persoas arredor que nos imitaban, atrapadas pola curiosidade.

Hai un par de días, a última hora … Seguir leyendo

Bielorrusia

De Minsk e Bielorrusia quedamos todos bastante fartos. Iso de que as tradutoras non traducisen as opinións que non lles gustaban ás autoridades acabou por facerse intolerable. No tren viaxa moita xente que fala ruso e que nos alertaron sobre esa práctica inmoral. O mesmo fixeron algúns escritores locais. Por outra parte, as ditaduras chéiranse na rúa, nas tendas, nos restaurantes. O presidente Lukaschenko, que se fixo famoso cos seus discursos en contra da corrupción, vive asentado sobre ela, e parece satisfeito.

O luns pola noite, un grupo bastante amplo acordamos non asistir á recepción que nos daba o ministro de Cultura e evitar así que nos utilizase como propaganda. Zafámonos das súas mans pero fomos parar ás dun mafioso propietario dun restaurante que nos cobrou os vasos de viño a mil cincocentas pesetas e que nos enganou todo canto quixo. Escoitou unhas cantas, pero mantívose impasible: cumpriu os seus … Seguir leyendo