La Voz de Galicia
Ventana abierta a todo lo que «se cuece» por la Red
Seleccionar página

Neste luns pre Día das Letras Galegas fágome eco dunha reclamación feita en moitas ocasións polos internautas galegos e que non parece que vaia ter solución polo momento. Refírome ao feito de que na Wikipedia os topónimos galegos aparezan en castelán. Para comprobalo simplemente necesitarase facer unha busca do tipo Sanxenxo, Chandrexa de Queixa ou Arteixo na coñecida enciclopedia en liña. Á páxina á que se redireccionará será a de Sanjenjo, Chandreja de Queija ou Arteijo, indicando, iso si, como se di ese topónimo en galego. Máis sorprendente é se cabe o caso do goberno comunitario. Se un navegante busca por Xunta a páxina que se lle presentará será a da Junta de Galicia, na que se especifica que «oficialmente en gallego y castellano es Xunta de Galicia».

 asd.jpg

¿Pero, entón, se oficialmente é Xunta por que non aparece así? A resposta a da o lector Enrique Pernas, quen nos escribiu a Lavoz para deixar a súa queixa sobre este mesmo tema: «Los administradores de la Wikipedia (conocidos en el sistema enciclopédico como Bibliotecarios) defienden el mantener el nombre del castellano, a pesar de que los editores en idioma gallego (o wikipedistas, como se conocen en la Wikipedia), continuamente critican la política existente, que va en contra de la legislación vigente, recogida en la Ley 3/1983, de 15 de junio, de normalización lingüística». As razóns dos «bibliotecarios» se poden consultar na seguinte dirección pero, en principio, baseanse na defensa de que se London se escribe Londres e Bordeaux como Burdeos, por que ía ocorrer algo diferente cos galegos. Engaden o seguinte: «Aunque puede aducirse que ciertos topónimos castellanos son traducciones «erróneas» de los originales o reprobables imposiciones políticas de épocas pasadas, lo cierto es que no tenemos autoridad para cambiarlos, al no ser Wikipedia una fuente primaria. Las cosas son como son, y no como nos gustaría que fueran».

Pero non todo está perdido. Os que queiran ver os topónimos en galego deberán buscalos na Galipedia (a wikipedia en galego). Nesta web a Xunta si se chama así.