[singlepic id=89 w=320 h=240 float=right]El historiador Xosé María Lema Suárez, uno de los más grandes expertos sobre la comarca histórica de Terra de Soneira, organizador de la obra de referencia «Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte» (Edicións Xerais, 2010), que abarca casi 1.000 años del área hoy comprendido por los concellos de Zas, Vimianzo y Camariñas, se sorprendió al saber del paso de Domingo Fontán por allá. «Se o fixo foi porque esta comarca aínda conservaba daquela a súa singularidade histórica, pois nos séculos anteriores aparecía representada nos mapas do reino de Galicia con grandes carácteres gráficos», apuntó. A pedido de este blog, Lema Suárez, miembro correspondiente de la Real Academia Galega, hizo un interesante análisis sobre la ruta de Fontán por la Terra de Soneira.
Debajo del mapa está una reflexión punto por punto sobre el paso del matemático por esta comarca histórica: una presentación de lujo, escrita por un auténtico experto en el tema, del recorrido que vamos a enseñar en las entradas siguientes.
A Terra de Soneira (TS) histórica comprendía, ademais dos actuais concellos de Zas, Vimianzo e Camariñas –a TS oficial, hoxe, recoñecida pola Xunta de Galicia o 3 de abril de 1997, o concello de Laxe ó completo e a maior parte do de Cabana, pois formaban parte da antiga xurisdición de Vimianzo, pertencente ós Estados dos condes de Altamira. Fontán distingue entre Terra de Soneira e Val de Vimianzo.
Pazo de Follente (30): A personalidade diferencial da Terra de Soneira contou para Fontán, pero penso que tamén contou (e moito, quizais máis) o feito de que o «Jefe Político» da Coruña durante o Trienio Liberal fose Antonio Loriga, quen, ademais do pazo de Sigrás, tamén era dono do de Follente, no actual concello de Zas (San Pedro de Follente foi parroquia eclesiástica independente ata 1870, data en que se suprimiu -era moi pequena- e se incorporou á súa veciña de Santa María de Mira). O pazo de Follente pasou por enlace matrimonial a Juan Vicente Loriga y Bermúdez de Castro, e despois por herdanza a Domingo Loriga y Romero de Caamaño, e despois ó seu fillo Antonio Loriga y Reguera, xefe político da Coruña. Tendo como tiña tan importante cargo na administración liberal de 1822-23, era lóxico que D. Fontán empezase por Follente, que forma parte da parte oriental da Terra de Soneira.
Zas (31) y Tines (32): Seguindo o seu itinerario, a igrexa de Santo André de Zas queda perto de Follente, a de Tines a uns 5 km (entre Zas e Tines discorría o camiño real de Compostela; a estrada actual, construída en 1897, vai de Zas a Baio).
Monte Torán (33): Monte Torán é un monte de 222 m de altitude situado na parroquia de Sto. Amedio de Bamiro; ten no alto unha ermida dedicada á Virxe de gran devoción. Desde el divisaríase daquela –o monte non tería os piñeiros que hoxe ten– un bo panorama (parroquias centrais da TS de Baio e Bamiro); quizais se deba á escolla de Fontán o feito de que hoxe siga sendo vértice xeodésico a pesar de non seu moi alto.
Castillo de Vimianzo (34): A Torre de Vimianzo é o histórico castelo dos Moscoso de Altamira (naquela época pertencía ós condes de Altamira; a finais de século venderíano ós Martelo, un fidalgos). É lóxico que se tomase como referencia. Domina parte do Val de Vimianzo (parroquia de Cambeda, Vimianzo e Calo), aínda que este se contemplase mellor desde o monte Faro.
Alto de San Bartolo (35): Tamén é lóxico que esolle o «Alto de San Bartolomé» (monte de San Bartolomeu ou San Bartolo, dicimos na comarca), tamén cunha ermida no seu alto (dedicada ó santo), pois este monte eríxese no centro da TS como unha estupenda atalaia para contemplar esta zona, coas parroquias de Salto e do Val de Vimianzo principalmente. Desde o alto divísase o mar.
Monte Coronado (36): «Monte Coronado» está situado de novo en Follente, polo tanto, na Serra de Santiago que separa a comarca da Terra de Xallas; alí tamén hai unha ermida, a de San Roque [de Monte Coroado], famosa en séculos anteriores porque unha confraría de fidalgos das Terras de Soneira e Xallas (entre eles os do pazo de Follente) facían grandes pitanzas (comilonas) o día da festa do santo, a finais de agosto.
Cabo Vilán (37): A «Peña del Cabo Vilán» é onde hoxe se sitúa o faro, que daquela aínda non estaba construído (o primeiro faro data de 1854 e o segundo, o actual, de 1896). Interesante que rexistre o topónimo «Vilaño» (e non o castelanizado «Villano»).
Nosa Señora do Monte (38): A Ermida de Nosa Señora do Monte está en Camariñas, na entrada da ría de Camariñas; na outra banda está a Virxe da Barca, en Muxía.
Camariñas (39) y Baio (40): A torre da igrexa de San Xorxe de Buría (Camariñas era un lugar desta parroquia) é de finais do séc. XVIII. Ten unha respectable altura. Interesante tamén a referencia á «Torre de Bayo», pois hoxe non existe, pero pénsase que existiu, e probablemente nun lugar da parroquia de Baio chamada «Campo do Rollo» (lugar onde se expoñía a castigo público ós delincuentes).
Torre do Allo (41): A Torre do Allo, unha mansión que conservou a familia fidalga dos Rioboo ata os tempos actuais. A torre inicial foi construída no séc. XVI e o resto a finais do séc. XVII. A «Torre de Goyanes» (Goiáns, en realidade ) queda xa na comarca de Bergantiños, pola zona de Carballo. O mesmo que a Torre de Cances.
¿Y el Pico de Meda? O que me estraña é que non tomase como vértice xeodésico o Pico de Meda, que, cos seus 565 m é o punto máis alto da Terra de Soneira e desde ali se divisa a maior parte da comarca e boa parte da de Bergantiños (chégase ó norte a ver o cabo de Sto. Adrián e as illas Sisargas, de Malpica). Este monte está moi cerca de Follente, na veciña parroquia de Gándara. Fontán sinálao no mapa. Tamén sería interesante saber a orixe toponímica da chamada Serra de Santiago, onde se atopa o Pico de Meda, pois nada ten que ver con Santiago de Compostela, pois esta cidade queda a 40 km. (Nota: Fontán pasó, si, por el Pico de Meda, según informa la Fundación que lleva su nombre, en Madrid. Los apuntes que demuestran sus mediciones allí están guardados en el archivo de la entidad.)
LOS CUADERNOS DE CAMPO DE fONTÁN SON MAS DE CINCUENTA,Y EN UNO DE ESOS CUADERNOS SE DETALLA PERFECTAMENTE EL PICO DE MEDA.