La Voz de Galicia
Hablando de riqueza, pobreza, exclusión y con quienes no quieren quedarse al borde del camino
Seleccionar página

«Cómo me gustaría unha Igrexa pobre e para os pobres», dicía hai uns meses o recén nomeado Papa Francisco. Daquela Victor Cortizo preguntábase si debíamos ilusionarnos con esta compromiso.

Si ilusionan os case 30 anos de vida de Encrucillada, a Revista Galega de Pensamento Cristián. Cada 2 meses, un equipo de persoas comprometidas coa igrexa de base, elaboran de xeito voluntario esta revista recoñecida pola súa independencia, tanto económica como intelectual, de calquera organización, incluída a institución eclesiática.

Ven de sair o número 183, un novo monográfico adicado á crise e o papel da igrexa perante ela. E para presentárllela ningúen mellor que Marisa Vidal Collazo, a secretaria da revista. Unha persoa cuxo compromiso e coherencia persoal e solidaria admiro dende que a coñezo do grupo de xóvenes de Mans Unidas.

Grazas Marisa.

Cristiás e cristiáns ante a crise

Dende que estoupou a crise en España, Encrucillada mantense alerta, afondando nos seus motivos e oportunidades como o decrecemento ou o novo perfil que lle estaba a dar á exclusión social e mesmos aos movementos sociais.  No recén editado número 183 da revista falamos de novo e de xeito monográfico da crise e do papel da Igrexa perante dela.

Nun primeiro estudo, Ignacio Calleja Sáez de Navarrete, da Fac. de Teoloxía de Vitoria, ve perspectivas de futuro na participación cidadá organizada sobre todo a raíz do movemento 15M, dende o que «se está a xerar o contrapoder necesario para chegar a acadar o control democrático da riqueza, unha nova fiscalidade, a creación dunha banca pública, novas leis laborais para a democracia nas empresas, cambios no xeito de elixir aos deputados, creación de observatorios independentes das políticas públicas, etc.

Para el «non hai atallos morais nin espirituais á xustiza social sen pasar por unhas estruturas sociais xustas«. Unha parte da solución ten que vir necesariamente no apostar polo movemento civil alternativo, nutrido de persoas sensibles á xustiza social, que crece en rede e é capaz de xerar actores políticos alternativos.

Nesta mesma liña, a teóloga Teresa Martinho Toldy,  da Universidade de Coimbra e o blogue Policredos, achega a situación que se está a vivir hoxe no veciño Portugal. As súas conclusións non difiren moito das do profesor Calleja: «Perdemos direitos sociais. Temos a sensação do fim de uma era de direitos acerca do qual existe um discurso ambíguo por parte dos políticos e das entidades patronais (…) A política parece ter sido substituída pelas finanças como único horizonte de referência para a governação. Por outro lado, vivemos um momento de acordar de consciências que, segundo alguns analistas, poderá contribuir para a reconfiguração da democracia«.

Xosé Montes, exdirector de Caritas diocesana de Santiago analiza o papel da Igrexa dende Caritas.  Unha labor que cifra en «alentar no desánimo; atender aos máis vulnerables que non teñen traballo, sobre todo ás familias onde non hai un salario; esixir políticas que prioricen ás persoas; reclamar unha opción máis ética ante unha sociedade pouco redistributiva; fomentar itinerarios persoais de inserción con constancia; reivindicar políticas sociais xenerosas para persoas con ingresos baixos; facilitar a formación para os colectivos de baixa preparación; buscar solucións ou novas iniciativas para as persoas que teñen máis dificultade no acceso ao traballo; sensibilizar ás empresas para que colaboren cos máis afectados pola crise; apoiar a cantos están en situación de baixa autoestima ou desesperanzados; etc»

No artigo Alternativas galegas para outra economía , Xosé Cuns  fai unha detallada relación de iniciativas que van do sector primario (agricultura ou pesca), as finanzas éticas, o comercio xusto, sostible e sustentable ou as enerxías sustentábeis que hoxe se están a mover en Galicia.

O sociólogo Santiago González Avión fai unha achega de carácter máis teolóxico, partindo do recordo ás 1.118 vítimas do accidente ocorrido o pasado 12 de maio en Sabhar, Bangladesh, e que pasaron polos informativos sen deixar pegada, asolagada a súa memoria polos intereses da industria téxtil.

As persoas pobres non só constitúen o contexto vital para a interpretación da Teoloxía, senón tamén unha fonte de contidos da mesma. » Volverse aos pobres non significa utilizalos como forza de choque contra inimigos reais ou imaxinados. Pero tampouco significa poñer remendos sobre un tecido social esgazado para que continúe todo como está. Máis ben supón poñer a vida en xogo para estar cos pobres, sentir con eles, pensar con eles, rezar con eles e procurar con eles alternativas para unha vida digna. (…) Todas as teoloxías, mesmo a da liberación, non valen o que un xesto auténtico de solidariedade coas clases sociais espoliadas»

A crise segue avanzando, e as persoas que nos dicimos cristiás non podemos quedar de brazos cruzados. Temos que recuperar a palabra profética, ler con ollos de realidade o escrito no libro de Amós no século VIII A.C. ( «oide, vacas de Baxan, que esfolades ao pobre e torcedes o dereito,…») , e empezar a repetir en primeira persoa o sermón da montaña:  “Benia a min cando teño fame de xustiza, pois meu está a ser o Reino dos Ceos”.

Marisa Vidal Collazo
www.encrucillada.es