La Voz de Galicia
Navegar es necesario, vivir no es necesario (Pompeyo)
Seleccionar página

Escribe Xosé Carlos Caneiro en Club Dandi, su columna en el suplemento Culturas de La Voz del 17 de enero del 2009:

«Na poesía quedo estes días con O embigo do mar. Podería dicir que este é o gran poemario que agardaba A Coruña, como cidade esencial atlántica e cosmpolita. A Coruña radiografiada nas entrañas, nas esencias. Por aí cabalga a poesía de Pousa, polo lado oculto da xeografía herculina, eses fíos invisibles que a definen e sitúan no mundo. Sorprende o verso finísimo do autor, a súa mirada profunda e poética. Para nós era Pousa un excelente prosista e astuto lector (seguimos con cercanía e complicidade o seu blog Farrapos de gaita na web de La Voz de Galicia), agora é tamén un poeta excelente, de sensibilidade diferenciada e poderosa, do que agardamos con ansia unha próxima entrega mentres non deixamos de gozar esta Coruña vívida e vivida. Día a día, versificándonos. Benvida, pois, esta mirada nova ao territorio da poesía. Oxalá ela, como os libros, sexa protagonista neste 2009 que iniciamos con ánimo rotundamente literario. Feliz literatura, 2009″.