La Voz de Galicia
Seleccionar página

Un conto: as tesoiras xigantes de Raichu

Para a Madriña do Ceo, de Ramón Loureiro
E entón Raichu saíu co seu pai da man. O pai tiña a sensación cando collía a man da súa filla que estaba amarrándose ao cabo dunha cometa. Era moito o que se ría coa nena. Os dous xuntos subiron ao coche e fóronse á praia. Era inverno en Arrakeen. As praias cando é inverno en Arrakeen están preciosas. Os días azuis, a pesar da friaxe, son gloriosos. Coma se o aire fose máis transparente que nunca. Aparcaron o coche, á beira das naves, e foron camiñando cara ao areal. Cruzáronse con varios cans que correteaban e cun par de namorados que se bicaban.
-Imos tirar moitas pedras, mil pedras, papá.
-As que queiras.
-Entón imos tirar corenta mil pedras, dígocho, papá.
-Nooon (con cara de dor). Tantas nooon que logo teño maniotas nos brazos.
E Raichu ríase como nunca, esa risa … Seguir leyendo