Me llega este correo por un artículo que escribí en galego, en las páginas de La Voz, sobre la indudable tradición galeguista que tiene la ciudad de A Coruña. Por su interés lo reproduzco tal cual, el correo.
Estou farta dun nacionalismo que corre cara aos cantiis. O nacionalismo ten que ser semente, intelixente. Buscar a razón desde o corazón. Nunca pólvora e magnolias para odiar. Castelao non pode ser un tiro seco ao aire. Un paxaro morto. O cu dun saco. Son A. Zimmer, unha muller acollida en Québec e parida noutro recuncho do mundo, na Galiza. Son nai de tres fillos e ninguén me vai a dar leccións. Tampouco eu quero dalas. O nacionalismo é un sentimento, e cos sentimentos non se xoga. Ser nacionalista é un xeito de ser e estar no mundo. En Québec ou na Coruña. E o idioma é un cáliz, a sacra forma. En Québec ou na Coruña.
Xa, todos ese datos son moi certos, pero creo que na memoria recente (é o que hai)dos outros galegos que non son da Coruña pesa máis a figura dese defensor da lingua que foi Paco Vázquez, que estivo en María Pita longas lúas e lexislaturas e que cantaba iso de «La La La» e apostaba polo bilingüismo, si, pero en castelán e inglés. E era apoiado por unha grande parte da cidade. Se no resto do país hai que tirar os prexuízos sobre A Coruña tamén na Coruña teñen que decatarse de que non todo son maledicencias e ignorancias. Tamén en Compostela hai que aturar parvadas, e en Vigo, xa non falamos.
Grande blogue, por certo.