La Voz de Galicia
Recuperación diaria das columnas de Á Marxe, escritas por Carlos Casares en "La Voz de Galicia"
Seleccionar página

A palma de honor

Vivín un ano case enteiro en Bilbao, nunha época políticamente difícil e dura, cando se celebrou o xuízo de Burgos e secuestraron o cónsul de Alemaña en San Sebastián. Mesmo a noite daquel suceso, antes de que tivese noticias do que acababa de ocorrer, sorprendeume que nunha viaxe en coche de pouco máis de cincuenta quilómetros, a Garda Civil me parase cinco ou seis veces, coas metralletas apuntándome directamente á cabeza e o medo dos rapaciños imberbes que as empuñaban contaxiando tamén o meu corazón.

Nos días que seguiron, unhas manifestacións pequeniñas, simple testemuña simbólica da protesta, saltaban aquí e acolá, vistas e non vistas, o tempo xusto para que a Policía as destrozase. A xente sabía do perigo que corría e polo tanto había poucos individuos valentes. Desde logo, nada que se parecese ás mareas humanas, exaltadas e violentas, que hoxe enchen as rúas nas xornadas de loita.

Ao … Seguir leyendo

Palabras na area

Onte escoiteille dicir a un amigo que a morte non lle producía medo, senón curiosidade, sobre todo porque estaba convencido de que, chegado ese momento, se lle ían aclarar algúns misterios que ata agora nunca puido comprender. Por exemplo, se antes tivo outra vida. Non o dicía de broma ou para facerse o orixinal, senón con perfecta seriedade. El cre que cando nacemos, en realidade só cambiamos de envoltura. A Hitler, sen ir máis lonxe, asígnalle unha existencia previa de can ou de serpe.

Persoalmente, este tipo de crenzas resúltanme respectables cando sei que non obedecen a ningún tipo de trampa, pero confeso a miña incapacidade absoluta para comprendelas ou compartilas. Tampouco me preocupa moito saber se vivín xa antes de nacer e moito menos aínda a forma de vida que puiden levar.

Gústame, en cambio, esa idea de que a morte sirva para aclarar misterios ou enigmas. Se fose … Seguir leyendo

Unha vacina eficaz

Non deixa de ser curioso que con todo o que leva progresado a Medicina, aínda non haxa un remedio eficaz contra os catarros e as gripes. Polo menos oficialmente, porque eu coñezo un caso polo menos de curación preventiva do trancazo por métodos pouco ortodoxos. Sucedeulle ao meu amigo Quico, de Xinzo de Limia, que ten unha granxa de porcos en Vilariño das Poldras, en plena Lagoa de Antela, do cal xa teño falado aquí algunhas veces. Resulta que os marráns, que se parecen bastante aos humanos (a uns máis que a outros, supoño, polo menos en materia de hixiene), tamén necesitan de vacinas, entre elas a da gripe.

Nas granxas grandes, que contan con miles de animais, a vacinación realízase por un procedemento case industrial, aínda que menos. Métese a cabeza do cocho entre as pernas do vacinador, para inmobilizalo, e logo sóltaselle un pistolezado cunha especie de pistola … Seguir leyendo

Un desastre con corazón

Xa falei onte do libro que escribiu a muller de Saint-Exupéry, o autor de O principiño, que está conmovendo a opinión pública mundial, sorprendida de que o autor dun libro tan fermoso, lido con amor por millóns de persoas, fose un marido tan disparatado. Sen xulgalo polos seus amoríos de ocasión ou polas súas infidelidades, o certo é que do retrato que del nos deixou Consuelo Sucin resulta un home extraordinario. Por veces, un ten a impresión de atoparse diante dun tolo, por momentos parece un neno grande, nalgunhas ocasións semella un ser humano profundamente infeliz. Sen embargo, sempre o vemos como unha persoa excepcional, dotada dunha capacidade inmensa para querer. E para facer sufrir.

Está claro que Consuelo padeceu ambas as dúas. Durante os anos que viviron xuntos, levouna do ceo á terra case simultaneamente. Cando ela se sentía feliz ao seu lado, escoitando promesas de amor eterno, … Seguir leyendo

Unha avaría

Hai uns días, cando nos dispuñamos a ver unha boa película na televisión despois de cear, foise a luz. Empecei irritándome, en primeiro lugar porque me apetecía ver o filme, pero tamén porque pouco antes, polo mesmo motivo, perdera varias horas de traballo, arruinado nun segundo fatal ao quedar sen corrente o ordenador. Non obstante, pasados os primeiros instantes, cando se foi impoñendo de forma natural o sentimento de que o enfado non ía mellorar a situación, acendimos unhas poucas velas e puxémonos a falar.

Falamos seguido, cercados pola escuridade do resto da casa, que practicamente nos impedía abandonar o salón. Fóra, a mesma ventada fría que zoaba nas árbores, empuxaba con forza a auga contra os vidros das fiestras e puña no aire un alboroto enfurecido de ruídos. De súpeto sentinme na infancia.

O caso é que me sorprendín a min mesmo falándolle aos rapaces daquel tempo, concretamente dun … Seguir leyendo