La Voz de Galicia
Ventana abierta a todo lo que «se cuece» por la Red
Seleccionar página

Os topónimos galegos na Wikipedia aínda aparecen en castelán

Neste luns pre Día das Letras Galegas fágome eco dunha reclamación feita en moitas ocasións polos internautas galegos e que non parece que vaia ter solución polo momento. Refírome ao feito de que na Wikipedia os topónimos galegos aparezan en castelán. Para comprobalo simplemente necesitarase facer unha busca do tipo Sanxenxo, Chandrexa de Queixa ou Arteixo na coñecida enciclopedia en liña. Á páxina á que se redireccionará será a de Sanjenjo, Chandreja de Queija ou Arteijo, indicando, iso si, como se di ese topónimo en galego. Máis sorprendente é se cabe o caso do goberno comunitario. Se un navegante busca por Xunta a páxina que se lle presentará será a da Junta de Galicia, na que se especifica que «oficialmente en gallego y castellano es Xunta de Galicia».

 asd.jpg

¿Pero, entón, se oficialmente é Xunta por que non aparece así? A resposta a da o lector Enrique Pernas, quen nos escribiu … Seguir leyendo