La Voz de Galicia
Ventana abierta a todo lo que «se cuece» por la Red
Seleccionar página

A rede galega Latri.ca despide a temporada cun festival «on line»

Había tempo que quería adicar unha entrada deste blog a Latri.ca, a rede de microblogging creada en xaneiro pasado e que, sen querer presentarse coma a competencia galega de Twitter, si aspira a converterse nunha alternativa local aos portais maioritarios. Como diferencia destacar que neste caso o número de caracteres permitidos por mensaxe ampliouse ata os 200, xa que, como eles mesmos recoñecen na web,  «160 non nos chegan ós galego…».

latricaPois ben, creo que a mellor data para facer referencia a Latri.ca neste blog é hoxe, ao ter convocado o portal para este serán o chamado “primeiro festival  on line con grupos galegos”. Do que se trata é de despedir a temporada musical estival dunha forma distinta: coa retransmisión a través da Rede das actuacións de varias formacións da comunidade como Esquios, The Cripple and the Tramp, Losthopes, Carlos López, Labazada, La comandancia, Dreams of Dolly Sheep, O … Seguir leyendo