La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Curso teórico-práctico sobre recoñecemento e usos das plantas medicinais máis frecuentes no noso entorno

Escrito por Noa Vázquez Rendal
17 de Mayo de 2012 a las 12:44h

Nesta ocasión cambio un pouquiño a temática das charlas. Paso dunha gran pasión como é a alimentación terapéutica a outra gran pasión que son as plantas medicinais. Neste curso aprenderemos a recoñecer as plantas medicinais do noso entorno, coñeceremos as súas aplicacións medicinais, así como as súas contraindicacións, e tamén faremos diversas preparacións con elas, coma tinturas, aceites, colutorios, etc

 

O curso impartireino na casa rural Casa Pousadoira o sábado 16  e o domingo 17 de xuño.

 O programa completo:

Sábado 16 de xuño

          * Breve historia da fitoterapia
          * Plantas máis utilizadas nas doenzas máis frecuentes
          * Principais plantas medicinais en Galicia e usos
          * Familiarización coas guías de plantas. Conceptos botánicos básicos
          * Saida ao campo para o recoñecemento e recolección de plantas
          * Cómo elaborar un herbario

Domingo 17 de xuño

          * Tratamento das plantas medicinais recollidas
          * Formas de aplicación das plantas medicinais
          * Prácticas: elaboración de infusións, decoccións, tinturas, cataplasmas, aceites, etc.

O prezo son 40 euros.

COMIDAS: 8 euros cada unha
ALOXAMENTO noite do sábado máis almorzo do domingo: 20.00 euros persoa en cuarto doble

Para inscribirse:

 Teléfonos: 981777898   607767369  

 info@pousadoira.com

 

Deja tu comentario