La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Archivo para mayo 31st, 2008

Asociaciones de consumo responsable

sábado, mayo 31st, 2008

En el post de los localívoros mencionaba algunas asociaciones o cooperativas con una filosofía común basada en el consumo de alimentos sanos y ecológicos, que respeten el medio ambiente y que, preferiblemente, sean de la zona.

Hoy pensaba comentaros un poco más extensamente cómo funcionan estas cooperativas, pero después de leer un díptico estupendo que me ha enviado la Asociación de Consumo Responsable de Ourense “Semente” casi he preferido, con su permiso, transcribir directamente sus palabras:

 ”  Qué é Semente?

Semente é un grupo de persoas que nos xuntamos debido ao noso interese común en torno á agroecoloxía. Como consumidoras de alimentos que somos, buscamos que os productos que mercamos sexan saudábeis para o noso corpo e tamén para a nosa terra, pero tamén contribuímos co compromiso a crear un vínculo máis estreito coas persoas que cultivan os alimentos que entre todas compartimos, axudando a manter vivo o noso rural a través desta dinamización local. Para nós é vital saber que a xente que vive do campo pode levar unha vida digna co seu traballo, e que ese traballo está valorado non só económicamente. Ao mesmo tempo, deixamos de comprar en grandes superficies e hipermercados, onde non coñecemos  quen produce todo o que alí se vende e onde non temos garantías de que se esté tendo en conta a nosa saúde nen a do medio á hora de producir alimentos. Somos conscientes de que no mundo no que vivimos se busca o máximo beneficio económico na maioría de procesos de compra-venta, pero este proxecto tenta deixar de lado esta premisa económica e centrarse máis no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.

 Cómo nos organizamos?

Todas as semanas facemos un encargo conxunto de cestas (caixas con productos de horta de temporada) e as agricultoras traennolas a Ourense (Centro Social A Esmorga, rúa Telleira 9, zona universitaria) no día sinalado por todas nós. E nesa data, as persoas que encargaron as súas cestas, van a recollelas e as levan para súa casa. Non facemos pedidos de productos de forma persoal, e gústanos que as agricultoras nos sorprendan semana a semana con todo aquelo que poden cultivar segundo a época do ano. O custe da cesta é de 10 euros e o pago faise por adiantado. De forma paralela tamén facemos pedidos de pan (á panadería do Agro do Páramo) e de lácteos (Arqueixal), así como conservas (Amorodo). Todos eles fánse dun xeito similar ao das cestas. Ao longo de todo o ano tamén nos organizamos para facer pedidos concretos de aceite (tanto de oliva como de xirasol, todos eles ecolóxicos), de pasta e legumes, de productos de comercio xusto, e de todos aqueles que nos parezan interesantes e que demandemos.

En Semente ningunha das súas socias recibe cartos polo traballo que facemos nin nos adicamos profesionalmente a isto. O noso traballo na xestión de pedidos é voluntario e polo tanto tentamos organizarnos e repartirnos as tarefas entre todas.

Para formar parte de Semente non tes máis que escribirnos ao correo semente@semente.info. Tamén podes consultar a páxina web: http://www.semente.info .Escríbenos todas as túas dúbidas, nós estaremos encantadas de que formes parte do proxecto, porque significará que seguimos medrando e que cada día Ourense ten un consumo alimentario máis consciente, máis xusto.”