La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Entradas etiquetadas como ‘presentacion’

Outra vaca no (blogo)millo

viernes, abril 25th, 2008

Dicir que Nova Iorque está nos Estados Unidos é unha constatacion dunha impecable precision xeografica pero que resulta enganosa en calquera outra dimensión que poidamos escoller. O continente empeza, física e mentalmente, da outra beira do Hudson. Todo canto poida comentar sobre esta cidade dificilmente se podería estender máis aló dos confíns dos cinco boroughs que a forman e, se cadra, as máis das veces nin todo o que diga sobre Manhattan -onde teño a sorte de vivir- reflectirá a vida de Brooklyn ou Queens. 

Viñen acó para rematar un doutoramento que se vai prolongando máis do debido e que me foi arrastrando dende Ourense a Compostela, de aí a Madrid e finalmente ao centro da cidade que nunca dorme. Desta coido que rematarei -non prometo nada. Mágoa é que cando viñen, decidise que non tiña intención de mudarme para un despacho e que a miña natural predisposición para distraerme se teña esaxerado aquí con tanta luciña, museo, clube de jazz e xente na rúa. Como dixo B. Sousa “Todo o que perde a Ciencia o gana o meu álbum de fotografías”, algo que igual non é tan mal choio para a Ciencia neste caso. 

Quedan feitas as presentacións. Doutra que nos vexamos, falarei de algo que non sexa de min.