La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Entradas etiquetadas como ‘natureza’

Paul Valery e o lago de Starnberg

lunes, abril 21st, 2008

Pasan corenta minutos do mediodía deste 20 de abril e as tres cerdeiras da rúa indican calladas de frores brancas que hai un mes estamos en primavera. Imos en bicicleta pola veira da igrexa de Santa Cunegunda e o asilo de vellos de San Xosé, e despois chegamos á zona dos chalés cheos de flores no xardín antes de chegar ao río das miñocas chamado Würm aquí.

As paisaxes son de ensoño con bidueiros, castaños de indias, sauces chorós a veira dun río de augas cristalinas descendo dos Alpes. De cando en vez, campos enormes de trigos recén nados e chans como na meseta.

Agora una igrexia con cúpula de cebola e interior barroco. Acola a roda hidráulica dun muiño que xa non moe en aras do progreso, despois unha casa do século dazanove, reconstruida porque na guerra quedou todo arrasado, con dous pináculos invitando as bruxas a vivir nela. Unha hora despois de lenta pasexada entramos no costaneiro val dos muiños. Costa arriba, costa abaixo sempre na compaña de castaños de indias que abrochan con forza, e doutros que están aínda medio calvos sin enterarse que o frío quedou atrás.

Alí na volta número cen quedan dous pescadores de troitas. O camiño esta cheo de ciclistas pletóricos de forzas e de familias que sobre as dúas rodas disfrutan das raiolas de sol que pasan entre das ramas estiradas coma bruxas en danza de nouturnio xa equinocial. Pasamos pola fonte de Perico (Petersbrunnen), cecais ca igrexa barroca máis pequena do mundo, disque amais do cura so cabe un feligrés e ten que estar de pé.

Ao fin do camiño (27 a 30 kilometros) a xoia da coroa, o lago glaciar mais romántico que se poida imaxinar. Imaxínate veleiros e iates a 600 metros de altura sobre o nivel medio do Atlántico. Ponlle un paseo marítimo cheo de xente exótica. Augas límpidas, vívidos e presumidos charráns artigrados asubían máis que piar, cisnes enparellados poñen acentos de conto dos irmáns Grimm á postal de ensoño.

E como trasfondo a impoñente figura do xigante entre das montañas o emperador salvaxe (Wilder Kaiser), que orgulloso mostra a súa figura sobresaíndo sobre dos outros xigantes de pedra cual primus inter pares. Si fora poeta e francés, e para máis siñais se chamase Paul Valéry e tivera xurado desexar ser enterrado en Sète frente aou Mediterráneo e vira desde o ceo esta postal, abxuraría inmediatamente da miña promesa e trasladaría eu mesmo a miña tumba hasta este paraíso na terra para ver os veleiros, os lagos, ao Wilder Kaiser e aos seus irmáns. Nesta tumba non sería o primeiro romántico, xa foi elexida hai unha xeira por o rei romántico mecenas de Wagner, que por incomprendido pasou por tolo, sí o Luis segundo de Baviera.

Desgraciadamente non son francés e moito menos poeta e estou atado como Prometeo encadeado e mórdenme as entranas as aguias de levares na miña sangue escrita a obriga de ser enterrado en plan polígono industrial en Feáns. Deus me colla confesado.

Xapón e o fenomeno das estacións. A ecoloxía como relixión.

miércoles, abril 9th, 2008

japon.jpg

Quería comezar esta andaina cibernética falando dun tema que últimamente despertou interese nos galegos e afortunadamente grazas a este interese son cada vez máis os que aprenden a disfrutar da natureza sen destruíla. 

No Xapón o respecto á natureza é algo que lles chegou por vía relixiosa, intúo que polo seu pasado politeístico no que cada parte da natureza era unha divinidade, pero o certo é que en canto chega a Primavera e comezan a abruñar as flores, os xaponeses vóltanse tolos e empeza o fervor “relixioso” polo que aqui chaman “sakura” ou para nós unha cerdeira.

Os xaponeses disfrutan indo de romaxe en plena cidade cos amigos, os compañeiros do traballo ou a familia. Sentan embaixo das polas da árbore e beben ate caer. Reunense nunha especie de comuñón entre o home e a natureza e estraña ver como a xente sorpréndese ano tras ano coa brancura das flores; na televisión falan e fan programas especiais sobre este evento que adquire verdadeiramente un carácter case que relixioso. Nos telexornais podemos seguir a evolución das flores, sabemos con precisión qué día van abruñar as cerdeiras e ameixeiras e falase en porcentaxes sobre a cantidade de abruños (Hoxe andamos nun 70%, mañá nun 75…).

Na miña Galiza tamén facíamos e facemos algo semellante pero máis práctico, damos grazas por poder explotar un pouco máis a terra, por poder colleitar máis patacas, por poder gorentar unha boa carne de porco na Matanza, unhas boas castañas no Magosto ou un bo viño na Vendima.. Sempre mirando de sacar algo de beneficio do noso privilexiado recanto peninsular. Semella que os tempos da “harmonía”, de disfrutar da terra sen explotala, controlando o número de encoros, de muíños de vento, e de urbanizacións a pé de costa tamén van chegando as nosas conciencias e os galegos decatámonos do noso deber de coidar a nosa Terra. Xa na Voz fálase tamén do “feismo” e pouco a pouco tentamos protexer a nosa paisaxe. Algo cambia e é para ben. Noraboa e brindemos nos tamén debaixo dunha cerdeira.