La Voz de Galicia lavozdegalicia.es - blogs | Inmobiliaria | Empleo | Mercadillo

Entradas etiquetadas como ‘estudios’

Moro no Brasil

viernes, junio 13th, 2008

A fin de curso foi rápida, precipitada, mollada con tintas tráxicas… como é a dor de ver morrer unha alumna, pero este blog non é o lugar para expresar as circunstancias e sentimentos que o arrodean. Agora estou lonxe da Chequia, lonxe dos Sudetes, nada menos que en São Paulo, onde vou estar para unha pequena estadía, así que aprobeitarei para contarvos tamén como se “mora no Brasil”.

Pero antes diso quería contar algún detalle sobre o remate dos estudios secundarios na Chequia, xa que atinxe ao sector no que me movo, o educativo. Poucos días antes de eu apañar o avión asistín ó espectáculo da fin de curso checa… un ramallo de nervos que me acordaron os meus días da selectividade. Aquí a cousa é similar ao que era o noso COU, do punto de vista de que o último ano de secundaria é unha preparación para os exames de maturita, como lle chaman, coa diferencia de que aquí hai unha proba teórica -anterior- e unha proba oral, final, que é a que realmente te sentencia para a posterior continuidade nos estudios superiores. A diferencia coa nosa selectividade é que a maturita ten un carácter realmente adecuado ao significado do noso termo románico, madurez, con un protocolo ao redor digno de mención.

Superar a maturita na Chequia é un obxectivo básico e está convertido en todo un evento vital e social. Para entendérmonos, as titulacións superiores non son tan cobizadas. A universidade non está tan denostada como na España -masificación noutrora, esbancamento actual-, aínda que medra o interese nela. Isto débese á ampla oferta dos estudios secundarios. Hai que dicir, así e todo, que certas ramas da formación profesional están caendo no desinterese -aínda cando a demanda laboral para eles é alta-, e a mocidade, ao tempo que vai perdendo nivel en xeral, vai apontando cara á universidade.

Así que, superadas as probas escritas, chega o final de maio coa última badalada -literalmente. Coas calificacións que dan acceso ás probas orais no peto, cada grupo de bachareis sae ás rúas disfrazado con un tema, pitando, asobiando e cantando co obxectivo de sacarche todo o solto que leves encima. Paralelamente, ultiman os preparativos para elaborar a orla coas fotografías artísticas e mais disparatadas que logo van pendurar nos escaparates das tendas do centro -o nome da escola, a promoción, o director, o tutor, un lema…

Unha semana máis tarde, teoricamente de chapatoria para os alumnos, visto o meu traxe de garavata e xúntome coa miña comisión de examinación. Éche todo un ritual de elegancia e formalidade -para a que o alumno tamén ten que vestirse- onde o estudante non só ten que demostrar que domina a materia, senón que ademáis sabe contalo. Todo se avaliará. Logo cada comisión de cada asignatura ten os seus propios baremos de esixencia… Isto é así de momento, cada instituto -respectivamente, cada departamento- ten que elaborar o seu temario para o último curso, pero levan anos teimando na unificación estatal desta proba. É lóxico, alguén podería pensar que desta forma eses resultados non son ecuánimes… coa salvedade de que, claro, todas as faculdades, ademáis da nota de corte para o acceso teñen as súas probas e as súas entrevistas. O que por unha parte facilita o traballo do alumno no último curso, é que pode escoller aquelas asignaturas das que se vai examinar en maio -catro-, que non son todas as que se cursan. O que non está tan bem elaborado é a distribución de horas lectivas, os reforzos, polo que naquelas materias que se van examinar, supón esforzo extra para alumnos e profesores -horas que, no meu caso, nunca son pagadas. Finalmente non é tan fácil e os alumnos teñen que preinscribirse en varias faculdades e pasar alí as probas respectivas.

A efectos sociais, eses alumnos son para a sociedade checa, para o sistema, alguén… e cadaquén debe ter claro que non ter maturita non só supón unha relegación nas posibilidades de traballo, pero tamén un trato diferente no día a día. A titulite -algo que a nós nos pode paracer arcaico- está moi presente na sociedade checa. Ser, polo menos, licenciado universitario, supón unha distinción no trato, pero iso é tela para outro capítulo.

Ben. Pasou o día, pasou a romaría. Agora estou noutra latitude, con outras cousas na cabeza. So a viaxe de por si desde a Centroeuropa até ao trópico de Capricornio foi interesante. No voo desde París sentei con Andreas, gaúcho neto de alemáns, galego por toda a pinta, que viña directamente da nosa terra despois de pasar un mes camiñando ata Compostela. Así que a noite longa e escura sobre o Atlántico deu para intercambiar moitas informacións e impresións. De súpeto, pola mañanciña, aínda noite sobre o Brasil, sorprendeume a facilidade coa que os axentes federais do aeroporto internacional de Guarulhos me espetaron o selo de entrada no pasaporte -sen me preguntar nada- e accedín a unha sala aberta, unha praza chea de razas, todo grafado “em perfeito galego”… aqui é que se empezou a facer realidade un dos soños da miña vida.

Levo xa varios días en São Paulo. Cada un destes días teño feito de transporte urbano os doce quilómetros que separan o centro -praza da Sé, avenida Paulista…- da casa onde estou parando. E isso que vivo no centro! Un período de entre unha hora e hora e media, dependendo do momento do día, onde dá para se cruzar con ducias de miles de rostros. Porque moverse por esta metrópole de 19 millóns de almas e 6 millóns de vehículos non é brincadeira. Decidín non ir hoxe ao centro porque a cidade cansa. Agota. O tráfico, a xente, o ruído, a polución… a marea de xente! É un exceso de vida que agroma por toda a parte ao que penso que na Europa non estamos afeitos. E por riba diso as diferencias, os contrastes abismais. Brasil non é a patria da igualdade nin da xustiza, unha persoa que vai a São Paulo ten que ir preparada para iso, ten que contar con certos aspectos, isso xa estaba aí e continuará… Como me tiñan mui ben advertido: a boa predisposición é o máis importante. Cada experiencia no Brasil, como me dixo un colega que xa aquí estivo, é única, irrepetible e intransferible. Pero é fácil amar o Brasil desde o primeiro momento. Nesta cidade onde todo se move non podes quedar parado, porque inmediatamente te asalta alguén para ofrecerche a súa axuda ou para venderche algo. Se non sabes, pergunta, se necesitas, pide… Non sei se é que a xente se esforza, se é de forma natural. O idioma é o noso porto franco. Cada galego podería sentirse aquí orgulloso de falar a lingua que fala, sen mais reviravolta. E cando de regreso para a casa te metes como unha sardiña nun ônibus onde non cabe nin unha alma mais, sempre vai haber alguén sentado -coa cara cansa de quen traballou todo o día porque, lonxe da fama, esta xente non só baila samba- que che ofrece collerche a mochila ou a bolsa da compra. Pode ser que mañá cando saia da casa me poñan unha faca nos rins para sacarme ata o último real, entón tal vez comece a pensar deles de forma diferente. Nesta cidade-estado a vida é así. E iso que en catro días aínda non vin relativamente nada.

Moro no Brasil, não sei se moro muito bem ou muito mal, só sei que agora faço parte do país, a inteligência é fundamental. (Seu Jorge)

Buenos Aires

domingo, mayo 11th, 2008

Buenas!

Soy el nuevo en Global Galicia y me gustaría empezar por presentarme aunque sea brevemente, como primera toma de contacto. Me llamo Miguel Brais Romero Millarengo, soy natural de Ferrol, tengo 23 años y soy estudiante de la Universidad de Santiago de Compostela, aunque ahora mismo me encuentro en Buenos Aires con una beca (en UADE, Universidad Argentina de la Empresa) para terminar los estudios de Dirección y Administración de Empresas.

Llevo en Buenos Aires dos meses, lo cual considero que puede ser bueno y malo al mismo tiempo. Bueno, porque prácticamente acabo de llegar y cualquier cambio cultural o social  lo veo mucho más facil que si ya estuviese habituado a vivir aquí, y malo porque al llevar sólo dos meses y tratarse de una ciudad como Buenos Aires, con trece millones de habitantes (si contamos el Gran Buenos Aires) se me escaparán algunas cosas irremediablemente.

Otro aspecto que me gustaría destacar es la posición en la que me encuentro, es decir, voy a hablar sobre Buenos Aires a La Voz de Galicia, no es tarea fácil, soy consciente de que hay mucha gente que sabe más de esta ciudad que yo, pero lo único que pretendo desde aquí es dar una visión de las cosas que pasan y como se vive. Espero vuestra comprensión y enriquicimiento con las críticas, muchas gracias y un saludo.

“Que inventen ellos”

lunes, mayo 5th, 2008

Últimamente síntome aludido con frecuencia cada vez que fago o meu repaso diario por diferentes xornais tanto galegos como nacionais en internet. Diferentes titulares, comentarios e cifras chaman a miña atención: “Las ofertas de empleo cerca de casa por favor”; “España no aprovecha a sus titulados”; “Queremos atraer a los mejores científicos, españoles o no” (todos en El País); “Los graduados españoles entre los más baratos de Europa”; “El empuje de la investigación gallega” (La Voz de Galicia); “Cuarenta científicos gallegos que trabajan en el extranjero solicitan regresar a España” (Faro de Vigo). Todos estos titulares xunto ca xa por fin recoñecida crise económica e a decisión do Presidente Zapatero de crear o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía fíxome pensar moito nos últimos dous meses sobre a realidade económica de España e como ésta afecta á miña forma de vida.

Empecemos polo principio, o meu nome é Loís Bello Fernández de Sanmamed, nacín en Santa Uxía de Riveira (A Coruña) fai trinta anos e despois de acabar no instituto decidín ir para Santiago de Compostela a estudiar o que sempre quixen, Bioloxía. Disfrutei a miña vida na capital da nosa terra, como disfrutei tamén estudiando a miña carreira, e fun un deses idealistas que pensaba que malo sería que a situación non mellorara e houbera un bo traballo para min aí fora, a pesar dos comentarios sempre pesimistas da maioría dos meus profesores. Quedou grabado na miña memoria un comentario da miña profesora de Viroloxía que considerei simpático aínda que exaserado no seu momento. Ela que traballo no prestixioso Instituto Pasteur de París con Luc Montagnier, descubridor do virus do sida, dicía que o problema era que en España “la gente piensa que los Biólogos somos cazamariposas”, e agora entendo o que quería dicir. No 2002 acabei a carreira na especialidade de Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía, e a pesar do ben que soa, de todo o que tiven que traballar e de todo o que aprendín, decateime de que eso era realmente o que me consideraban no meu país, un “cazamariposas”.

Despois de dous anos buscando traballo, unha entrevista, moitos cursos, algún traballo basura en diferentes cousas e incluso unha pérdida momentánea de esperanza e autoestima que me levou a despreciar a miña profesión e presentarme os exames de Controlador aéreo, decidín que eu non iba a tirar a basura a miña formación e busquei algún país onde os Biólogos moleculares non foramos “cazamariposas”. Así que o 11 de Setembro do 2004 cheguei a Glasgow (Escocia) para ver si en este pequeno país que tantas veces salía en libros e artigos científicos atopaba o que me negaban no meu país. Despois de nove meses traballando na cociña dun hotel de fregaplatos (onde por certo firmei o primeiro contrato da miña vida, xa que nos poucos traballos que tiven aí nunca vin un diante) e aprendendo o idioma empecei a facer entrevistas e a terceira conseguín un traballo como científico no departamento de I+D de Stirling Medical Innovations.

Para os que esteades a ler esto, non pensedes que quero aquí reivindicar a miña decisión, experiencia, sorte ou o que se lle queira chamar. Cada situación persoal é diferente, non me considero nen mellor nen peor que outros na mesma situación, sinxelamente pensei que despois de ler todos eses artigos falando de todo o que presuntamente mellorou a ciencia en España últimamente e sendo este un blog onde os galegos no estranxeiro temos o luxo de expresar a nosa opinión nun medio como La Voz de Galicia, sería oportuno decir alto e claro que desgraciadamente non son o único, existe unha nova emigración, moi diferente a que afectou a Galicia no pasado, centos de titulados que escapan das condicións laborais do noso país, ca conseguinte perda de talento e diñeiro que conleva. Alguén se parou a calcular algunha vez a de cartos que invirteu o goberno central e autonómico en formarnos para que despois paguemos impostos e creemos riqueza, ideas, novos productos, etc en Escocia, Inglaterra, Irlanda, Alemania, Francia ou os Estados Unidos. Estou seguro de que é unha sangría de cartos pero parece ser que é agora cando a burbuxa económica na que vivía España se desinflou que se acordan a pesar dos numerosos avisos que tiveron. Xa non vale adicar tódolos esforzos a construcción, ó turismo ou á mellora de infraestructuras para obxectivos estratéxicos tan importantes como conectar Ferrol con A Coruña cun tren de alta velocidade. Agora a ciencia é importante e aparentemente, España vaise converter nunha potencia nunha lexislatura, de feito algúns pensan que xa o é.

Todos estes titulares nos que se dignifica a ciencia no país falando do “empuje de la investigación gallega” quédanse na superficie, a realidade, na miña opinión, é que este empuxe non é tal, baixo o epígrafe I+D+i en España escóndese investigación maioritariamente fundamental, xeradora de publicacións, necesaria por suposto pero de pouca aplicación a maioría das veces. Sen embargo, o apoio o innovador e pioneiro é escaso e a investigación na empresa privada caseque nula e sempre pensando en obxectivos cercanos. Gústame por suposto a decisión de ZP de crear ese novo ministerio e gústame que inclúa as Universidades para tratar de vincular a investigación cas empresas e a actividade económica pero teño a impresión de que fai falla en España e máis aínda nunha rexión tradicionalmente conservadora (non só na súa acepción política) como Galicia moito maís que ministerios de nova creación e cartos, senón tamén un cambio de mentalidade importante nunha sociedade que segue sen ter “espíritu científico”.

Mentres tanto, como tantos outros, eu seguiréi feliz no estranxeiro, e podo dicir que cando estás contento, valorado e ben pagado, a morriña disminúe proporcionalmente. A decisión que tomei fai xa catro anos foi sen dúbida a mellor da miña vida, por eso animo a tódolos galegos estudiantes de ciencias que se sintan tratados como “cazamariposas” que non se den por vencidos, as nosas carreiras importan e merecen ser tratadas con respeto como por exemplo se fai en Escocia.

E si non para traballar porque pertencedes a ese outro titular que puxen ó principio (“Las ofertas de empleo cerca de casa por favor”), polo menos animádevos a visitala, porque merece a pena. De eso falarei no meu seguinte texto que prometo será menos serio, para tentar de levarvos nunha viaxe imaxinaria por este fermoso e orgulloso país.

Saúdos e encantado de falar con todos vós.